Sergio Lago

----

Sergio Lago


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Sergio Lago


Formado en Gráfica Publicitaria e Educación Social, dende 2003 vén participando na creación e dirección de proxectos públicos e privados no ámbito cultural galego. Traballou tamén en iniciativas do eido tecnolóxico, especialmente na implantación de estratexias dixitais, na creación e deseño de contidos web e no lanzamento de iniciativas de comercio electrónico.


Socio fundador da consultora cultural BenCuriosa, é membro da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, así como cofundador e coordinador académico do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC. Foi tamén director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, e coordinador técnico da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con quen segue a colaborar, sendo responsable do deseño e coordinación do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural. Desde 2016 é comisario e coordinador de Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que promove a difusión das novas prácticas creativas baseadas na cultura dixital.

Publicacións nas que participou Sergio Lago