Natalia Balseiro

----

Natalia Balseiro

1974 San Sadurniño
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Natalia Balseiro

1974- San Sadurniño
Mediadora cultural. Foi técnica de Cultura do Concello de San Sadurniño durante seis anos, traballou como coordinadora de Formación da Rede Española de Teatros, foi directora do Centro Coreográfico Galego entre o 2006 e o 2009 e dirixiu o Mov-s, un proxecto de pensamento contemporáneo Iberoamericano sobre novas formas de operar nas artes vivas, entre o 2010 e o 2015 co Mercat das Flors de Barcelona. Foi traballadora independente durante seis anos, nos que colaborou con diferentes organizacións públicas galegas, estatais e internacionais. Na actualidade é membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega.

Natalia Balseiro nas actividades do CCG

O que pode a danza