Aurelia Balseiro

----

Aurelia Balseiro


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Aurelia Balseiro


Museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo.


Licenciada con grao en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na especialidade de Museoloxía (1985-1990); cursos de doutoramento de Arqueoloxía e Historia da Antigüidade (USC, 1991-1992); Diploma de Estudos Avanzados (USC, 1993); investigadora especializada no campo da ourivaría antiga e titora no programa de Prácticas académicas externas do alumnado da USC.


Máis dun cento de publicacións en revistas, prensa, boletíns, actas de congresos, catálogos de exposicións temporais, ademais de conferencias impartidas en relación coa arqueoloxía do ouro, o patrimonio cultural, a historiografía do MPL, entre outras, en diversos foros. Autora de libros sobre ourivaría antiga do noroeste peninsular: Oro prerromano en la provincia de Lugo (1994); Diademas prerromanas de oro. Análisis iconográfico y simbólico de la diadema de Ribadeo / Moñes (2000); O Torques de Burela. A xoia do noso patrimonio (2013); A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo (2018, coautora e editora científica).


Directora do Museo Provincial de Lugo desde o outono do ano 2008, onde coordina os seus departamentos científicos e os programas de conservación, de coleccións (documentación e investigación) e de exposición da colección estable, realizando, así mesmo, comisariados e/ou coordinación de exposicións temporais relacionadas co patrimonio moble así como de retrospectivas de artistas contemporáneos.


Experiencia na organización de xornadas, cursos e congresos e participación en comités científicos de varios simposios internacionais.