Federico López Silvestre

----

Federico López Silvestre


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Federico López Silvestre


Profesor de Estética e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Impartiu clases en másters da Universidade Autónoma de Barcelona, da Universidade de Sevilla, da Universidade das Illas Baleares e da HEPIA de Xenebra e participou en congresos e seminarios en Europa, América e Oceanía. Codirixe a colección «Paisaje y teoría» e dirixe a serie «Pensamiento radical» da editorial Biblioteca Nueva (Madrid). Codirixiu o Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC (2007-2012) e a colección «Vita aesthetica» da editorial Díaz & Pons (Madrid). Colabora con «El Estado Mental» e prepara con Ediciones Asiméticas (Madrid) o proxecto titulado «Erotopías».


Ten editado e prologado libros de Karl Gottlob Schelle, Jean-Marc Besse, Rafaelle Milani, Gilles A. Tiberghien ou Michel Onfray. É autor dos libros: El paisaje virtual (2004), Os límites da paisaxe (2008), A emerxencia da paisaxe (2009), Micrologías o historia breve de artes mínimas (2012), Los pájaros y el fantasma (2013) e Culos inquietos, infinitos asientos (2018).


 

Publicacións nas que participou Federico López Silvestre

Federico López Silvestre nas actividades do CCG

Arte + Educación

Arte + Crise social