Miguel Carrero Pazos

----

Miguel Carrero Pazos


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Miguel Carrero Pazos


Doutor en Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela (2017). Especialista en arqueoloxía computacional, a súa investigación céntrase na aplicación de técnicas estatísticas e espaciais para o estudo e modelización das paisaxes monumentais na Prehistoria, xunto coa aplicación de tecnoloxías 3D para a documentación do patrimonio arqueolóxico (arte pospaleolítica, inscricións romanas). Até a data, conta con 33 de publicacións científicas e participou en máis dunha trintena de congresos e reunións científicas de carácter nacional e internacional, sobre todo os que se refiren a aplicacións informáticas en Arqueoloxía. Grazas a unha bolsa de posgrao da Fundación Pedro Barrié de la Maza, realizou unha estadía de investigación no Instituto de Arqueoloxía da University College London, onde cursa estudos do MA Computational Archaeology: GIS, Data Science and Complexity. Realizou cursos de especialización no CSIC (INCIPIT) sobre sistemas de información xeográfica e tecnoloxías dixitais, e tamén no Visual Computing Lab (ISTI CNR-Pisa). Na actualidade é investigador posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela (Plan I2C da Xunta de Galicia, 2018-2021), onde realiza o proxecto de investigación “Paisaxes megalíticas e converxencias culturais na Europa Atlántica (5000-2500 a.C.)”, con estadías internacionais nas universidades de Leiden (Países Baixos) e Cambridge (Reino Unido).

Miguel Carrero Pazos nas actividades do CCG