Josep Fernández Trabal

----

Josep Fernández Trabal


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Josep Fernández Trabal


Doutor en Xeografía e Historia pola Universitat de Barcelona e Premio Extraordinario de Doutoramento (1995).


Na actualidade é xefe da Área de Fondos Históricos do Arquivo Nacional de Catalunya e coordinador do Plan de Arquivos e Xestión Documental da Generalitat de Catalunya.


Foi profesor asociado de Historia Medieval na Universitat de Barcelona (1999-2006). Na actualidade é profesor da Escola Superior de Arquivística e Xestión de Documentos da Universitat Autònoma de Barcelona.


A súa actividade profesional centrouse no ingreso, conservación e tratamento de arquivos privados, particularmente da sociedade contemporánea (arquivos persoais, partidos políticos, sindicatos, asociacións, empresas e familias). Ten un gran número de publicacións sobre os temas da súa especialidade e participou como relator en congresos, xornadas e mesas redondas.

Josep Fernández Trabal nas actividades do CCG