Manuel Rey Pan

----

Manuel Rey Pan

1989 Carballo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel Rey Pan

1989- Carballo

Redactor no portal de información científica GCiencia desde maio de 2016. Antes traballou en La Voz de Galicia e Radio Voz, en diversas áreas como a edición dixital (lavozdegalicia.es) e as edicións de Carballo e A Coruña. Tamén ten colaborado con medios como Magnet, eldiario.es ou Luzes. É graduado en Periodismo pola Universidad Pontificia de Salamanca, realizou o Máster en Edición Periodística pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e o Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política da Universidade de Santiago de Compostela. En 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico, e en xuño de 2019 publicou o libro El mal sin cura de la Costa da Morte. SCA36.


 

Manuel Rey Pan nas actividades do CCG