Sergio Guerra

----

Sergio Guerra

1949 A Habana
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Sergio Guerra

1949- A Habana

Licenciado en Historia na Universidad de La Habana e doutor en Filosofía pola Universität Leipzig (Alemaña). Na actualidade é profesor titular (catedrático), xefe do Departamento de Historia e presidente da Cátedra "Eloy Alfaro" da Universidad de La Habana. Tamén é presidente da Asociación de Historiadores Latinoamericanos e do Caribe (ADHILAC) e da súa sección cubana. É vicepresidente do Tribunal Nacional Permanente da República de Cuba para o outorgamento de doutoramentos en Historia. Académico de número da Academia de la Historia de Cuba e correspondente estranxeiro da Academia Nacional de Historia del Ecuador.


Publicou máis de catrocentos artigos e ensaios sobre historia latinoamericana en diversas revistas nacionais e internacionais, así como 16 libros e 10 folletos, ademais doutros 17 en calidade de coautor. Foi coordinador das obras colectivas La Habana/Veracruz, Veracruz, La Habana, las dos orillas (México, 2002 e 2010); Historia Universal I. Historia Antigua y Media (A Habana, 2004); Benito Juárez en América Latina y el Caribe (México, 2006); Benito Juárez y Cuba (México, 2007); De raíz profunda. Galicia y los gallegos en Cuba (Santiago de Compostela, 2007); Repensar la independencia de América Latina desde el Caribe (A Habana, 2009); Forjadores del Pensamiento Crítico Latinoamericano (Quito, 2011) e Historia Universal (El Salvador, 2018). É coautor dos libros Crónicas Latinoamericanas. La región surandina. Chile, Perú y Bolivia (A Habana, 1977); Breve historia de Brasil (A Habana, 1987 e 1991); Laberintos de la Integración Latinoamericana (México, 2002, e Caracas, 2006); Historia de la Revolución Cubana. Síntesis y comentario (Quito, 2005, Caracas, 2006, e España, 2009); Revoluciones latinoamericanas del siglo XX (México, 2006); La Revolución Mexicana: una lucha que cambió la historia de un pueblo. 1910-1940 (México e Quito, 2010); Cuba. A History (Nova York/Melbourne, 2010); Cuba a la Mano. Anatomía de un país (Barranquilla, 2015) e Dictaduras del Caribe (Barranquilla, 2017). Entre as súas obras publicadas como único autor figuran: La “república artesana” de Colombia (A Habana, 1980); Paraguay: de la independencia a la dominación imperialista. 1811-1870 (A Habana, 1984, e Asunción, 1991); Luchas sociales y partidos políticos en Guatemala (A Habana, 1984, San José de Costa Rica, 2013, e Guatemala, 2016); Historia y revolución en América Latina (A Habana, 1989); Los artesanos en la revolución latinoamericana. Colombia, 1849-1854 (A Habana, 1991, e Santafé de Bogotá, 2000); El dilema de la independencia. Las luchas sociales en la emancipación latinoamericana (México, 1993, Santafé de Bogotá, 2000, e A Habana, 2000, 2002, 2003, 2007 e 2010); Etapas y procesos en la Historia de América Latina (México, 1997); América Latina y la independencia de Cuba (Caracas, 1999); Historia mínima de América (A Habana, 2001, 2003 e 2014); Breve historia de América Latina (A Habana, 2006 e 2010); Ernesto Che Guevara (Caracas, 2007); Cronología del Bicentenario (A Habana, 2010); Jugar con Fuego. Guerra social y utopía en la independencia de América Latina (A Habana, 2010, Santa Marta, Colombia, 2017); Bicentenario de la independencia de América Latina (A Habana, 2014); Nueva Historia Mínima de América Latina. Biografía de un continente (A Habana, 2014, Santo Domingo e México, 2015) e Breve Historia de la integración de América Latina. Un sueño bicentenario (Santo Domingo, 2015).


Pronunciou numerosas conferencias en diferentes institucións internacionais, ofreceu cursos de posgrao en diferentes universidades e recibiu premios e recoñecementos polo seu labor e as súas publicacións.


 

Sergio Guerra nas actividades do CCG

A presenza galega na Habana