Mariám Mariño Costales

----

Mariám Mariño Costales

1965 Vigo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mariám Mariño Costales

1965- Vigo

É licenciada en Filosofía con grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1993), entidade na que obtén a Suficiencia Investigadora en temas de Antropoloxía Aplicada (1994-1996) e o mestrado en Educación, Xénero e Igualdade (2005-2007). Como investigadora no ámbito da antropoloxía feminista, os seus temas de traballo son: exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades. Ten publicados artigos sobre a relación mulleres e museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, organizacións de lesbianas e tamén sobre o movemento feminista organizado en Galicia.  Desde febreiro de 2005 até a actualidade desenvolve traballos de asesoramento, asistencia técnica, investigación e documentación para as liñas de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Entre as tarefas realizadas neste contexto salientan a coordinación técnica do Álbum de mulleres, a realización de tarefas de coordinación de A Saia. Publicacións periódicas feministas, das xornadas Xénero e Documentación I, II e III, ou a coautoría do Informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia e do Informe Sobre os Arquivos públicos en Galicia. Unha perspectiva de xénero e feminista.

 

Publicacións nas que participou Mariám Mariño Costales

Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.
LIBRO

Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.

Unha perspectiva de xénero e feminista
Portada de  Xénero e documentación
LIBRO. ACTAS

Xénero e documentación

Unha ferramenta de achega ao tratamento documental

Artigos

MARIñO COSTALES, M. (6/2008) Antropología feminista de Lourdes Méndez. Andaina. 2ª época 2ª xeira (49), 58-61.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións: