Xosé M. Núñez Seixas

----

Xosé M. Núñez Seixas

1966 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xosé M. Núñez Seixas

1966- Ourense
Doutor en Historia Contemporánea polo IUE de Florencia e catedrático da mesma materia na Universidade de Santiago de Compostela, tamén o foi na LMU de Múnic. Premio Nacional de Ensaio en 2019. Foi investigador ou profesor convidado en varias universidades europeas e americanas, como París X, City University of New York, Verona ou Stanford.

Os seus eidos principais de pescuda son os nacionalismos ibéricos e europeos nos séculos XIX e XX, así como os estudos migratorios e a historia cultural da guerra e da violencia no século XX. Fai parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social, Studies in National Movements e Passato e Presente, ademais de ser membro do consello asesor de varias revistas ibéricas e internacionais, como European History Quarterly e Estudos Iberoamericanos.

É autor de varias monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, español e catalán. Entre as últimas cóntanse The First World War and the Nationality Question in Europe (Leiden/Boston, 2020) como editor e The Sites of the Dictators (Londres, 2021, no prelo). Ten tamén publicados numerosos artigos en revistas internacionais e colabora habitualmente en diversos medios de comunicación.

Publicacións nas que participou Xosé M. Núñez Seixas

Portada de  Entre o Terceiro Reich e os aliados.
LIBRO. ACTAS

Entre o Terceiro Reich e os aliados.

Galicia e a Segunda Guerra Mundial
Portada de As  Irmandades da Fala no seu tempo
LIBRO. ACTAS

As Irmandades da Fala no seu tempo

: perspectivas cruzadas
Portada de  Cousas gallegas
LIBRO. FACSíMILE

Cousas gallegas

Portada de  Galicia-Bretaña
LIBRO. ACTAS

Galicia-Bretaña

Olladas Comparadas
Portada de  Son de Galicia
LIBRO

Son de Galicia

Os coros galegos
Portada de Os exilios ibéricos: unha ollada comparada
LIBRO. ACTAS

Os exilios ibéricos: unha ollada comparada

Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza
Portada de  Amarras de tinta
LIBRO. ACTAS

Amarras de tinta

Emigración transoceánica e escrita popular na Península Ibérica: séculos XIX-XX
Portada de  Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina
LIBRO. ACTAS

Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina

Actas do Congreso internacional Luís Seoane: Galicia – Arxentina: unha dobre cidadanía
Portada de O voto emigrante
LIBRO. ACTAS

O voto emigrante

Actas do debate realizado en 2008
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela
Portada de O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega
LIBRO

O exilio galego: repertorio biobibliográfico: unha primeira achega

Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001, Santiago de Compostela

Materiais de Xosé M. Núñez Seixas

Documento. Artigo

As derivas políticas de Montero Díaz, por Xosé M. Núñez Seixas

Núñez Seixas, Xosé M.: «Santiago Montero Díaz: as derivas dun fascista heterodoxo», Grial: revista galega de cultura, 189 (xaneiro-marzo de 2011), 57-69.

Xosé M. Núñez Seixas nas actividades do CCG

A presenza galega na Habana

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Santiago Montero Díaz

Ferrol, A Coruña, Galicia, / 1/1911 - Madrid, España, 1985
Unha traxectoria peculiar

Miguel Bendamio

Ares, 1873 - A Habana, 1938
Un emigrante aresán en Cuba