Santiago Olmo

----

Santiago Olmo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Santiago Olmo


Madrid, 1958.
Comisario e crítico independente, traballa en dirección editorial e equipos de redacción en revistas especializadas como Lápiz e Artecontexto (Madrid). Tamén desenvolve unha actividade docente como profesor convidado no Máster de Arte Contemporánea da Universidad Europea e na escola de fotografía EFTI, en Madrid. Actualmente e desde 2015 é director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela. Foi comisario da 31 Bienal de Pontevedra en 2010, dedicada a América Central e o Caribe; da 18 Bienal Paiz en Guatemala en 2012, así como das representacións españolas na Bienal de São Paulo de 1998 e na Trienal de Milán de 2001. Participa como comisario convidado nos Rencontres Africaines de la Photographie de Bamako (Malí) en 2005. Foi comisario de retrospectivas de fotógrafas e artistas como, entre outras, Adriana Lestido (Madrid, Photoespaña, 2007), Jürgen Partenheimer (IVAM, 1998), Javier Vallhonrat (Madrid, 2008), Miguel Ángel Campano (MNCARS, 1999) ou Soledad Sevilla (Beijing, 2010). Entre outras mostras colectivas destacan, en colaboración con Virginia Pérez-Ratton, «Entre líneas» (exposición inaugural do centro que inclúe unha ampla selección de artistas latinoamericanos) en La Casa Encendida, de Madrid (2002) e «Todo incluido» (sobre a representación visual de Centroamérica) en Madrid e MADC/TEOR/éTica en San José de Costa Rica (2004). Entre 2003 e 2015 colabora estreitamente con Rafael Levenfeld e Valentín Vallhonrat no desenvolvemento de proxectos expositivos e de produción fotográfica en forma de diálogos coa fotografía do século XIX, desde o Fondo Fotográfico e o Museo da Universidad de Navarra en Pamplona (España). Máis recentemente, entre outras mostras comisariadas no CGAC, destacan as dedicadas a Luis Gordillo (en colaboración con Juan Antonio Álvarez Reyes), Stefan Brüggemann, René Heyvaert (con Anne Heyvaert), Cabrita Reis (con Susana González), Julião Sarmento (con David Barro), Nicolás Combarro ou Nueva York Amarga, un proxecto inédito de Camilo José Cela e Carles Fontserè. Entre as exposicións colectivas destacan «We Refugees» (con Piedad Solans) ou «Estado de excepción», sobre as crises políticas, os conflitos e os refuxiados.

Santiago Olmo nas actividades do CCG