Ramón Otero Pedrayo

----

Ramón Otero Pedrayo

1888 Ourense | 1976 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ramón Otero Pedrayo

1888- Ourense | 1976 Ourense
Intelectual completo e poliédrico, Otero Pedrayo converteuse no Patriarca das nosas letrasRamón Otero Pedrayo, o polígrafo da Xeración Nós, naceu o 5 de marzo de 1888 na ourensá rúa da Paz. Foi o único fillo de Eladia Pedrayo Ansoar e Enrique Otero Sotelo, un médico culto e liberal que, sendo deputado, defendera a Curros Enríquez cando o bispo Cesáreo censurou Aires da miña terra.

Edúcase o futuro escritor no seo dunha familia culta e abastada, entre Ourense e a aldea de Trasalba. Con dez anos ingresa no instituto e segue con entusiasmo as explicacións de Marcelo Macías, de Moreno López e de Padilla. Os bos resultados académicos que obtén explican que, en 1901, sexa elixido xunto a Cuevillas, compañeiro de estudos, amigo nos xogos, veciño e máis tarde irmán de angueiras políticas e culturais, para merendar con Emilia Pardo Bazán, de visita na cidade.

O 28 de maio de 1904 falece o seu pai e Otero convértese, subitamente, no home da familia. Apenas dous meses despois do enterro recolle, vestido de loito, o premio extraordinario que lle conceden no instituto.

En 1906, chega a Madrid para cursar estudos universitarios. Matricúlase en Filosofía e Letras e Dereito. Son anos pracenteiros, despreocupados. Lecturas, faladoiros e paseos ocupan o tempo dun mozo que se asemella moito ao Adrián Solovio que protagonizará Arredor de si.

Regresa a Ourense en 1911 coas dúas licenciaturas e disposto a preparar unhas oposicións que o convertan en profesor de ensino medio. Na cidade reúnese con Risco, Cuevillas e Primitivo R. Sanjurjo e non tarda en sumarse aos proxectos argallados polos amigos da infancia. En 1917 ve a luz La CenturiaNós, onde publica os primeiros artigos; «La confesión del hombre culto», no segundo número, e «Cartas espontáneas», no seguinte. Tres anos despois, no primeiro número de Nós, atopamos un artigo non asinado, titulado «Teixeira de Pascoaes e Nós» que, segundo os índices da colección redactados por Ben-Cho-Shey, debemos atribuír a Pedrayo. O primeiro artigo asinado, «Irlanda políteca no século XIX» aparece o 5 de decembro de 1921, a este sucederano moitos outros, fundamentalmente ensaios; entre eles o tantas veces comentado, «Ulyses, trad. de James Joyce», no número 32.

En 1921, coa oposición aprobada desde 1919 e tras varios destinos, acada praza en Ourense. En 1925 ingresa con Síntese Xeográfica de Galicia (1926) no Seminario de Estudos Galegos, no que un ano antes gañara un premio de narrativa con Pantelas, home libre (Lar, 1925). Comeza así a longa e produtiva andaina literaria de quen había ser chamado Patriarca das Letras Galegas. En 1928 a editorial Nós edita Os camiños da vida, a primeira gran novela do escritor e unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea.

Un ano despois ingresa na Academia Galega cun discurso titulado Romantismo, saudade e sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (1931). Contéstalle o seu grande amigo da infancia, Vicente Risco. Coa publicación de Arredor de si consolídase a fama de home culto. A súa figura cobra peso na sociedade galega a través das intervencións públicas e dos innumerables artigos que asina nas páxinas de El Pueblo Gallego, Céltiga, A Nosa Terra e en xeral en canta publicación llo pedía.

Neste clima de enfebrecida actividade, a inminente chegada da República fai que algúns galegos, Otero entre eles, vexan a posibilidade de acadar a autonomía de Galicia. Iníciase un período de entusiasmo e traballo intenso. En 1930 percorre Ourense dando mitins de carácter nacionalista e anticaciquil. En abril do ano seguinte funda o Partido Nazonalista Repubricán d’Ourense para concorrer ás eleccións ás Cortes constituíntes. Entre 1931 e 1933 exerce como deputado en Madrid.

A actividade política intensifícase, e en decembro do 31 participa na fundación do Partido Galeguista, de cuxo primeiro Consello Executivo forma parte. Ante a inminente consideración da República como estado laico, Otero, católico, tenta que o nacionalismo conserve o maior grao posible de confesionalidade nas institucións. O 25 de outubro de 1931 o seu nome aparece asinando un documento, moi difundido na prensa do momento, que leva por título Afirmación católica dun grupo de nacionalistas. Pese a disentir das propostas do PG no tocante ao laicismo do estado, acatou as decisións da maioría e non abandonou o partido, participou lealmente na campaña do plebiscito do Estatuto e compartiu a alegría do triunfo acadado o 28 de xuño de 1936.

Tras o levantamento militar foi separado da cátedra e refuxiouse na casa de Trasalba. O retiro dura algo máis de once anos. Continúa escribindo en prensa pero faino normalmente baixo pseudónimo. A partir de 1946 comeza timidamente a asinar textos co seu verdadeiro nome. Un ano despois principia a redacción dos artigos de Parladoiro, unha sección periódica no xornal compostelán La Noche que supón a recuperación lenta e regular do escritor en lingua galega.

En 1947 viaxa a Bos Aires, convidado polo Centro Galego. A viaxe permítelle reencontrarse con vellos amigos exiliados, Castelao entre eles, e organizar a edición da monumental Historia de Galiza que patrocinará Manuel Puente.

Unha mostra máis do compromiso do escritor témola en 1949, cando nunha homenaxe ao poeta Lamas Carvajal, organizada en Ourense, ten a ousadía de utilizar o galego nun acto público. Están presentes diversas representantes de institucións afectas ao Réxime, que interpretan a actitude como unha afronta e unha aldraxe.

A piques de cumprir os sesenta e dous preséntase ás oposicións que o converten en profesor da Universidade de Compostela. Tras obter o voto unánime do tribunal, en outubro dese ano imparte a primeira clase das moitas que dará nos oito cursos que exerza como catedrático. Son tempos de ilusión e de contacto cos mozos.

O 25 de xullo de 1950 participa na fundación da editorial Galaxia, que presidirá ata a súa morte. García-Sabell, Fernández del Riego e Piñeiro convértense en amigos e compañeiros na construción dun novo proxecto que o ilusiona. En contacto permanente co círculo de intelectuais que alentan Galaxia, publica nas súas máquinas Por os vieiros da saudade (1952), e un traballo seu, «Na lembranza de Hölderlin», forma parte de Presencia de Galicia, o primeiro número dos cadernos da colección Grial. Pedrayo representa nestes anos a resistencia do galeguismo histórico.

En 1958 o grupo Brais Pinto inaugura a súa colección de versos co libriño Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar, único poemario editado en vida polo autor.
Coa xubilación e o regreso á Ourense péchase unha etapa de vehemente actividade. Son anos de conferencias por toda Galicia, de ducias de artigos e prólogos, de traballo activo na renovación da Academia Galega, e de proxectos propios. Entre estes cómpre destacar O desengano do Prioiro (1952) e a colección de contos Entre a vendima e a castañeira (1957). En 1959 remata O señorito da Reboraina, a primeira novela en galego tras a Guerra Civil e a última que entregaría ás máquinas en vida. As homenaxes sucédense a partir dos anos sesenta. En 1975 recibe dos seus antigos alumnos o volume Teatro de máscaras, dezaseis pezas dramáticas breves asinadas en 1934, nas viaxes en tren que facía con Castelao para asistir ás Cortes.

Uns meses despois, o 10 de abril de 1976, falecía na súa casa da rúa da Paz.

Obra


Narrativa
En galego
  • Pantelas, home libre (1925)
  • O purgatorio de Don Ramiro (1926)
  • Escrito na néboa (1927)
  • Os camiños da vida (1928)
  • Arredor de si (1930)
  • Contos do camiño e da rúa (1932)
  • A romeiría de Xelmírez (1934)
  • Fra Vernero (1934)
  • Devalar (1935)
  • O mesón dos ermos (1936)
  • Entre a vendima e a castañeira (1957)
  • O señorito da Reboraina (1960)
  • O Maroutallo (1974)
  • Contos de Santos e Nadal (1988)

    En castelán
  • Las palmas del convento (1941)
  • La vocación de Adrián Silva (1950)
  • La fiesta del conde Berstein (1988)

    Ensaio
    En galego
  • Síntese xeográfica de Galicia (1926)
  • Guía de Galicia (1926)
  • Síntesis xeográfica de Galicia (1926)
  • Estampas de Ourense a mediados do século XVIII (1927)
  • Pelerinaxes (1929)
  • Romantismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (1931)
  • Lembranza de Goethe (1932)
  • Morte e Resurrección (1932)
  • Breve historia de Galicia (1939)
  • Por os vieiros da saudade (1952)
  • Paisaxe e cultura (1955)
  • O espello na serán. Entre o Pedroso e o Viso (1966)
  • Síntesis histórica do século XVIII en Galicia (1969)
  • Os ríos galegos (1977)
  • Ensaio histórico sobre a cultura galega (1982)
  • Temas ourensáns (1996)
  • Sereno e grave gozo. Ensaios sobre a paisaxe (1999)
  • Fragmentos de Ulises. 1926 (2003)

    En castelán
  • Paisajes y problemas geográficos de Galicia (1928)
  • Treinta y tres lecciones de Geografía general (1929)
  • Lecciones elementales de Historia Universal (1931)
  • Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1933)
  • Lecciones de Geografía e Historia (1936)
  • Guía de Santiago de Compostela (1943)
  • Motivos sobre el paisaje de Galicia (1948)
  • Las ciudades gallegas (1951)
  • Santiago de Compostela (1953)
  • Geografía de España. Presencia y potencia del suelo y el pueblo español (1956)
  • Orense (1966)
  • Ciudades y paisajes de Galicia en la obra de Julio Prieto Nespereira (1977)
  • Galicia. Una cultura de occidente (1994)
  • Una historia del arte universal (2004)

    Poesía
  • Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958)

  • Teatro
  • A lagarada (1929)
  • O desengano do Prioiro (1952)
  • Traxicomedia da noite dos Santos (1960)
  • Noite compostelá (1973)
  • Teatro de máscaras (1975)
  • O fidalgo e a noite (1979)


  • Bibliografía


  • Alonso Montero, Xesús (2000): Oteriana. Vigo: Publicacións da Fundación Otero Pedrayo.
  • Arias Chachero, Patricia, Vázquez Monxardín, Afonso (2014): Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976). Vigo: Galaxia.
  • Baliñas, Carlos (1980): «Descubrindo a Otero Pedrayo». Santiago de Compostela: Revista Coordenadas.
  • Casares, Carlos (1988): Otero Pedrayo. Vigo: Galaxia
  • Villares, Ramón (2007): Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista. Vigo: Galaxia.





  • Publicacións nas que participou Ramón Otero Pedrayo

    Portada de  Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega
    LIBRO-AUDIO

    Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega

    Conferencias e ensaios
    Portada de  Galicia e Europa
    LIBRO-AUDIO

    Galicia e Europa

    Ramón Otero Pedrayo
    Portada de  Homenaxe a Noriega Varela
    LIBRO-AUDIO

    Homenaxe a Noriega Varela

    Mondoñedo, 19 de outubro de 1967
    Portada de  A paisaxe galega, as súas leis e tipos
    LIBRO-AUDIO

    A paisaxe galega, as súas leis e tipos

    Federación de Sociedades Galegas, Bos Aires, 26 de xullo de 1947
    Portada de  Lembranzas de médicos galegos vistos por un profano
    LIBRO-AUDIO

    Lembranzas de médicos galegos vistos por un profano

    Homenaxe da Academia Médico-Cirúrxica, Colexio Médico de Ourense: 7 de marzo de 1975
    Portada de  Ramón Cabanillas.
    LIBRO-AUDIO

    Ramón Cabanillas.

    Centro Galego de Madrid, 1964
    Portada de  Ourense, as súas terras e xentes
    LIBRO-AUDIO

    Ourense, as súas terras e xentes

    Xantar homenaxe do Día de Galicia . Centro Ourensán, Bos Aires, 26 de xullo de 1959

    Materiais de Ramón Otero Pedrayo

    Texto. Presentación

    Ramón Otero Pedrayo

    Estas conferencias íntegras permiten mergullarse na erudición torrencial do escritor.
    Documento. Extracto de libro

    Capítulo sobre música e danza escrito por Emilio Pita para a Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo

    Pita, Emilio: «Música e danza». En Otero Pedrayo, Ramón (dir.): Historia de Galiza. I. Bos Aires: Nós, 1962; 763-777.
    Documento. Artigo

    Fiel colaborador na Sección «Artes e Letras», Baldomero Cores publicou numerosos artigos, entre os que podemos atopar «El pensamiento de Otero Pedrayo: su investigación del paisaje».

    Cores Trasmonte, Baldomero: «El pensamiento de Otero Pedrayo: su investigación del paisaje», La Noche: único diario de la tarde en Galicia, 11498 (25 de xaneiro de 1958), 3.
    Documento. Artigo

    Colaboración de Alexandre Raimúndez no libro Homaxe da Galicia Universal a Otero Pedrayo

    Raimúndez, Alexandro: «O exempro de Ramón Otero Pedrayo». En Ramón Otero Pedrayo: Homaxe da Galicia Universal. Caracas: [s.n.], 1958; 23.
    Documento. Páxina de prensa

    Artigos de Otero Pedrayo e outros sobre Cuevillas

    Ramón Otero Pedrayo, amigo desde a infancia de Cuevillas, lembra algún dos trazos do intelectual na sección «Artes y Letras» baixo o título «Hoy se jubila Florentino López Cuevillas». Completa a páxina o artigo «El ejemplo de Cuevillas» de José Ramón y Fernández e unha «Bibliografía de Cuevillas» co subtítulo Lleva publicados cerca de un centenar de trabajos.
    Documento. Artigo

    Noticia sobre o ingreso de Manuel Gómez Román na Real Academia Galega o 30 de decembro de 1951. Otero Pedrayo responde ao discurso do arquitecto vigués

    «Intelectuales gallegos en Vigo», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 4382 (30 de decembro de 1951), 6.
    Documento. Entrevista

    Entrevista a Otero Pedrayo sobre a novela de Elena Quiroga Tumba loureiro, presentada ao premio Bibliófilos Gallegos. Cunha versión desta novela, titulada Viento del norte, gañaría o Premio Nadal en 1951

    Jareal: «Una opinión de peso sobre el tema literario de actualida: la novela del Premio Nadal y la de Bibliófilos Gallegos [Entrevista a Ramón Otero Pedrayo]», El Correo gallego: diario político de la mañana, 24562 (10 de xaneiro de 1951), 5.
    Documento. Artigo

    Artigo de Otero Pedrayo «Morto de pé»

    Relato sobre un vello canteiro que morre de pé, apoiado nunha parede. Na sección «Parladoiro» de La Noche, Otero recupera o uso da lingua galega na presa de posguerra.
    Documento

    Portada da Guía de Santiago de Compostela de Ramón Otero Pedrayo, con fotografías de Ksado

    Otero Pedrayo, Ramón: Guía de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, 1943.
    Documento. Artigo

    A semana cultural de Porto, celebrada en abril de 1935, contou cunha ampla representación de membros do Seminario de Estudos Galegos

    «Seminario de Estudos Galegos: La semana cultural de Oporto», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3441 (17 de abril de 1935), 9.
    Documento. Artigo

    Artigo «La obra de Ramón Otero» por Augusto María Casas

    Artigo publicado en Vida Gallega o 20 de outubro de 1926
    Documento. Artigo

    Artigo «Bibliografía Regional»

    Breve nota dando conta da aparición do proxecto de Galaxia
    Documento. Artigo

    A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926

    «Primera reunión general del Seminario de Estudos Galegos: Recepción de los poetas Cabanillas, Noriega, Abente y Taibo», El compostelano: diario independiente, 1795 (25 de marzo de 1926), 1.

    Carta de Vilar Ponte a Filgueira. 1930

    Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1972

    R. Otero Pedrayo: A paisaxe galega, as súas leis e tipos

    Discurso de Otero Pedrayo: Ourense, as súas terras e xentes

    Suárez Picallo e Otero Pedrayo en Bos Aires

    Ourense, as súas terras e as súas xentes 02: Conferencia de Ramón Otero Pedrayo (primeira parte)

    Ourense, as súas terras e as súas xentes 03: Conferencia de Ramón Otero Pedrayo (segunda parte)

    R. S. Picallo, unha voz galega no exilio 11: «Despedida a Ramón Otero Pedrayo»

    Conferencia de Otero Pedrayo sobre Feijoo

    Conferencia de Otero Pedrayo Ramón Cabanillas

    Homenaxe de Galicia a Don Ramón Otero Pedrayo

    Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [01 de 02]

    Sobre a escrita de Ramón Otero Pedrayo [02 de 02]

    Homenaxe a Avilés de Taramancos 34: Entrevista en RNE

    Publicacións periódicas

    Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
    Centro Gallego (1917-1925) .
    Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Emigrado, El (1920-1940) .
    Ata n.º 14: Periódico Independiente
    A partir do n.º 15: Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores
    1931: Engádese "Periódico Galleguista"
    1935: Propiedad de la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Despertar Gallego, El (1922-1930) .
    Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en Buenos Aires
    A partir do n.º 23: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
    A partir do n.º 120: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (1923-) .
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Alborada (1925-) .
    Órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión
    Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
    N.º 66-74: Revista cultural e informativa de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
    N.º 118-161: Órgano y propiedad de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
    N.º 172: Publicación de la Asociación Benéfica, Cultural del Partido de Corcubión
    A partir do n.º 185: Revista de la Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
    Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
    Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
    Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda (1931-) .
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Galicia Nueva (1931-1931) .
    Semanario Popular de la Colectividad Gallega en el Uruguay
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Alma Gallega (1931-) .
    Revista Quincenal Ilustrada
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Galicia [Madrid 1932-33] (1932-1933) .
    Revista Mensual Ilustrada
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Lar (1934-) .
    Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
    Revista del Hospital Gallego
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Raza Celta (1934-1935) .
    Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Alma Gallega (1935-1967) .
    1935: Revista de «Casa de Galicia»
    1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
    Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Cultura Gallega (1936-1940) .
    Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa
    1939: Mensuario Regional Español de Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráficos e Informaciones de Galicia y de la Colonia Gallega de Cuba
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Loita (1939-) .
    Órgano de "Hermandad Gallega"
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Nosa Terra, A (1942-1972) .
    Periódico galego
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Saudade (1942-) .
    Verba Galega nas Américas
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Lugo (1943-) .
    Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires
    Publicación del Centro Lucense de Buenos Aires
    Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires
    Órgano del Centro Lucense
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Orensano, El (1944-1945) .
    Periódico galego
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Opinión Gallega (1945-) .
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Lareira (1951-) .
    Publicación de Lar Gallego de Valencia
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Mundo Gallego [1951-52] (1951-1952) .
    Revista de Galicia en América
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
    1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
    2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
    4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Alborada (1952-1956) .
    2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Airiños do Carballiño (1954-) .
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Ilustración Gallega (1954-) .
    Revista de Galicia para España y América
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Libredón (1956-) .
    Órgano oficial del Centro Gallego de Santander
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Voz de Breogán, La (1957-1958) .
    Órgano Oficial de "Juventud de Galicia"
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Irmandino, O (1958-1961) .
    Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Vieiros (1959-1968) .
    Revista do Padroado da Cultura Galega de México
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Ruada (1960-) .
    Revista anual de Lar Gallego
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Abrente (1960-) .
    Casa de Galicia de Valladolid
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Orientación Gallega (1962-) .
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Galicia en Mar del Plata (1963-) .
    Órgano oficial del Centro Gallego de Mar del Plata
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
    Revista de poesía universal
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Irmandade (1965-) .
    N.º 1-2: Boletín mensual de la Hermandad Gallega de Venezuela
    N.º 24-26: Periódico de la Hermandad y para la Hermandad: Apolítico, Cultural, Social, Deportivo y Benéfico
    N.º 28-36: Hermandad Gallega de Venezuela
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Correo de Galicia (1965-) .
    El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
    Publicación impresa | Labor na publicación: COLABORACIóN;
    Suplemento Gallego de El Diario Español (1979-1982) .
    Suplemento Dominical
    Publicación impresa | Labor na publicación: SINATURA DE ARTIGOS REPRODUCIDOS;

    Artigos

    RISCO, V. (9/1925) Lar - publicación quincenal de novelas cortas en idioma gallego. Céltiga. 1ª (17), 8.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
    Mencións: Francisca Herrera Garrido ; Ramón Otero Pedrayo ;
    (5/1930) Verdadeira realidade. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 21.
    Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Cabanillas ; Rosalía de Castro ; Manuel Curros Enríquez ; Eduardo Pondal ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
    (5/1930) O marxe dunha noticia. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 22.
    Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Cabanillas ; Ben-Cho-Shey ; Gonzalo López Abente ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ;
    (12/1930) Seminario de Estudios Gallegos. Junta extraordinaria. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 2.
    Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Fermín Bouza Brey ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Álvaro de las Casas ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio Fraguas ; Daría González García ; Luís Iglesias Iglesias ; Florentino López Cuevillas ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Paulino Pedret Casado ; Castelao ; Luís Tobío Campos ; Alfonso Vázquez Martínez ;
    OTERO PEDRAYO, R. (12/1930) Notable conferencia de Otero Pedrayo. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (187), 10.
    Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    (1/1931) Hay que organizar por todas partes Sociedades Agrarias e Irmandades regionalistas. Así lo declara el culto profesor, periodista y activo leader político Álvaro de las Casas. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (188), 2, 10.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Álvaro de las Casas ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Castelao ; Gerardo Abad Conde ; Lois Peña Novo ; Ramon Salgado Pérez ; Manuel Portela Valladares ; Avelino López Otero ; Florentino L. Cuevillas ; Raimundo Vidal Pazos ; José María Díaz y Díaz Villamil ;
    OTERO PEDRAYO, R. (1/1931) A universidade i-o caciquismo. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (190), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    VILLAR PONTE, A. (1/1931) As provincias na Geografía. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (190), 4.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (1/1931) A residenza de estudantes. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (191), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO PEDRAYO, R. (2/1931) La universidad gallega y la residencia de estudiantes. Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (193), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1933) Marxinás universitarios. Saúdo ós emigrados. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (321), 2.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1933) Camiños. No loitar cotián pol-a propia cultura. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (340), 3.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1934) Antoloxía nacional. Os inteleituas finiseculares. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
    Mencións: Ramón Cabanillas ; Vicente Risco ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1934) Apuntes. Cadro de Coores, de Otero Pedrayo. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (366), 3.
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1934) Literarias. A romeiría de Xelmírez. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (390), 3.
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Arcebispo Xelmírez ;
    OTERO PEDRAYO, R. (8/1935) La antigua Brigantium. Centro Social Betanzos. 1ª, 42-43.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO PEDRAYO, R. (4/1944) Paisaje geográfico de Galicia. Acción Gallega. 2ª (1), 8.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO PEDRAYO, R. (4/1944) Paisaje geográfico de Galicia (continuación). Acción Gallega. 2ª (2), 8.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO ESPASANDíN, X. OTERO PEDRAYO, R. (4/1944) Adolescencia. Acción Gallega. 2ª (2), 8.
    Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO PEDRAYO, R. (4/1944) Paisaje geográfico de Galicia (continuación). Acción Gallega. 2ª (3), 8.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    OTERO PEDRAYO, R. (5/1944) O feitizo de Murguía. Acción Gallega. 2ª (8), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Eduardo Pondal ; Manuel Murguía ; Benito Pérez Galdós ; Juan Valera ; Nicomedes Pastor Díaz ;
    OTERO PEDRAYO, R. (6/1944) A Cachoeira das Tellas. Acción Gallega. 2ª (13), 8.
    Ver relatorio Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    CARBALLO, R. (12/1944) Unha xeneración desertora. Nosa Terra, A. (433), 4.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Rafael Alberti ; Luís Amado Carballo ; Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ánxel Casal ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Ramón María Valle-Inclán ; Rafael Dieste ; Federico García Lorca ; Jorge Guillén ; Eloy Luís ; Vicente Risco ; Xosé Otero Espasandín ; Ramón Otero Pedrayo ; Manuel Antonio ; Castelao ; Pedro Salinas ; Valente Paz-Andrade ; Ramiro Illa Couto ; Manuel Portela Valladares ;
    (4/1945) Con los ojos del recuerdo. Fragmento del libro «España» de R. F. M.. Lousame. 1ª (3), 4-7.
    Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    (8/1946) Ramón Otero Pedrayo. Nosa Terra, A. (450), 3.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (8/1946) O ser inmorredoiro de Galiza. Nosa Terra, A. (450), 3.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1949) Las jornadas rosalianas del "Día de Galicia". Homenaje del Centro Gallego Boanerense a nuestro Gran Lírico. Galicia [Bs As 1926]. (438), 13 .
    Mencións: Rosalía de Castro ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1950) Galicia, ante la figura símbolo de Castelao. Galicia [Bs As 1926]. (444), 19 .
    Mencións: Ramón Baltar ; Ricardo Carballo Calero ; Xesús Carro García ; Ben-Cho-Shey ; Manuel Gómez Román ; Antonio Iglesias Vilarelle ; Florentino López Cuevillas ; Carlos Maside ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1950) Galicia cada treinta días (marzo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (445), 9, .
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Manuel Puente ;
    (4/1950) Otero Pedrayo en la Universidad compostelana. Alborada. 1ª (145), 29.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1950) Galicia cada treinta días (abril). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (446), 7 .
    Mencións: Adelardo Curros ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1950) Otero Pedrayo en su sitio. Galicia [Bs As 1930]. (1109), 8.
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1950) Galicia cada treinta días (mayo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (447), 4, .
    Mencións: Victoriano García Martí ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (7/1950) El Pazo de la Cuqueira. Galicia [Bs As 1930]. (1116), 4.
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (10/1950) A casiña de Rianxo. Alborada. 1ª (147), 40-41.
    Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1950) Galicia cada treinta días (septiembre). Galicia [Bs As 1926]. (452), 17 .
    Mencións: Ramón Cabanillas ; Fernando Cadaval ; Manuel Colmeiro ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1952) Galicia cada treinta días (diciembre). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (465), 8 .
    Mencións: Xosé María Álvarez Blázquez ; Manuel María ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (9/1952) Treinta días de vida gallega: Nuestro resurgimiento cultural Movimiento musical El mundo de los libros Actividad artística Fiestas y romerías Otras informaciones. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (2), 9 .
    Mencións: Antonio Ángel ; Henry Brathome ; Álvaro Cebreiro ; Álvaro Cunqueiro ; José Fernández Martínez ; Jesús Gómez Tonel ; José María de Juan ; Carmen Juega ; Manuel López Garabal ; Rogelio Lorenzo ; Ovidio Murguía de Castro ; Otero Baena ; Ramón Otero Pedrayo ; Manuel Pesqueira Salgado ; Faustino Santalices Pérez ; José Seijo Rubio ; Rafael Usandivaras ; José Ramón Villar Chao ; Arcebispo Xelmírez ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1952) Treinta días de vida gallega: El mundo de los libros Miscelánea informativa El arte y la música Notas económicas Vigo, ciudad en auge. Galicia [Caracas 1952-54]. 1ª época (4), 4 .
    Mencións: Francisco Asorey ; Pura García de Villar ; Ramón Menéndez Pidal ; André Navarra ; Ramón Otero Pedrayo ; Bernaldo del Río ; María de Villarino ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1952) Galicia cada treinta días (septiembre y octubre). Galicia [Bs As 1926]. (468), 17 .
    Mencións: Domingo García-Sabell ; Ramón Menéndez Pidal ; Ramón Otero Pedrayo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (1/1954) Castelao no seu espello e amor. Opinión Gallega. 1ª (147), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Castelao ;
    OTERO PEDRAYO, R. (4/1954) Nuestra campesina y marinera. Opinión Gallega. 1ª (148), 1.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Xaquín Lorenzo Fernández ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1955) Sobre tres libros publicados por "Ediciones Galicia". Loa de la amistad. Galicia [Bs As 1926]. (481), 18 .
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (11/1955) Otero Pedrayo fala de Galicia e da súa cultura. Galicia Emigrante. (15), 3, .
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (1956) A guía de Compostela. Lar. (272), 13 .
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1957) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (495), 9 .
    Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Conde de Quirós ; Ramón Otero Pedrayo ;
    (1/1958) Balance cultural gallego de 1957. Voz de Breogán, La. 1ª (2), 6.
    Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Camilo José Cela ; Xosé Filgueira Valverde ; Xosé Luís Franco Grande ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Santiago Montero Díaz ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Lorenzo Vázquez ;
    OTERO PEDRAYO, R. (1/1958) Facsímil de la carta que nos envió Otero Pedrayo. Voz de Breogán, La. 1ª (2), 7.
    Ver carta Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    (3/1958) Correo de Galicia. Voz de Breogán, La. 1ª (4), 6.
    Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Manuel Abelenda ; Ramón Cabanillas ; Domingo García-Sabell ; Ramón Otero Pedrayo ; Sofía Casanova ; Leonardo Abelenda Freire ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (500), 6 .
    Mencións: Concha Castroviejo ; Manuel Curros Enríquez ; Xosé Filgueira Valverde ; Domingo García-Sabell ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Ramón Otero Pedrayo ; Sofía Casanova ; Daniel de la Sota ; Gonzalo Torrente Ballester ; Luís Pimentel ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (10/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (503), 6 .
    Mencións: Aurelio Aguirre ; Rosalía de Castro ; Ramón Otero Pedrayo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (11/1958) Adonde vai meu romeiro .... Voz de Breogán, La. 1ª (7), 2-3.
    Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    NAYA PéREZ, J. (12/1958) Panorama coruñés. Finisterre. 1ª (10), 2.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións: Fermín Bouza Brey ; Rosalía de Castro ; Álvaro Cunqueiro ; Manuel Murguía ; Alfonso Molina ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1959) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (506), 12 .
    Mencións: Ramón Baltar ; Juan Antonio Bardem ; Uxío Carré Aldao ; Martin Codax ; Álvaro Cunqueiro ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohán de Requeixo ;
    OTERO PEDRAYO, R. (8/1962) La antigua Brigantium. Betanzos. 1ª (58), 22-23.
    Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
    Mencións:
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (8/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (526), 6 .
    Mencións: Jesús Bal y Gay ; Elena Colmeiro ; Antonio Meijide Pardo ; Ramón Otero Pedrayo ; Eladio Rodríguez González ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
    Mencións: Ricardo Carballo Calero ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Celso Emilio Ferreiro ; Vicente Risco ; Sebastián Martínez-Risco y Macías ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (535), 17 .
    Mencións: Xavier Bóveda ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (12/1964) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (540), 10 .
    Mencións: Jorge Guillén ; Salvador de Madariaga ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ; José Taboada ; Miguel de Unamuno ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1965) Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (541), 6 .
    Mencións: Xosé María Álvarez Blázquez ; Manuel Gómez Román ; Aníbal Otero ; Ramón Otero Pedrayo ;
    FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1970) O sentimento da terra. Galicia [Bs As 1926]. (573), 23 .
    Mencións: Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
    (11/1976) Concurso da Casa de Bilbao. Teima. , 35.
    Ver nota breve
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    (12/1976) [Fotografía de Otero Pedrayo]. Teima. (3), 30.
    Ver gráfico
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    (1/1977) Ourense : O caso de monseñor Temiño, o bispo máis rexeitado da igrexa galega. Teima. (6), 12.
    Ver artigo
    Mencións: Benito Mussolini ; Ramón Otero Pedrayo ; Blas Piñar ; Ángel Temiño Sáiz ; Camilo Leandro Estévez Puga ;
    MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
    Ver artigo
    Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Azaña ; Jesús Bal y Gay ; Eduardo Blanco Amor ; Fermín Bouza Brey ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Álvaro de las Casas ; Plácido Castro ; Manuel Colmeiro ; Arturo Cuadrado ; Álvaro Cunqueiro ; José Díaz Jácome ; Rafael Dieste ; Marino Dónega ; Francisco Fernández del Riego ; Bibiano Fernández Osorio-Tafall ; Ánxel Fole ; Johan Carballeira ; Aquilino Iglesia Alvariño ; Manuel Leiras Pulpeiro ; Manuel Lugrís Freire ; Luís Manteiga ; Vicente Risco ; Carlos Maside ; Antonio Noriega Varela ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Manuel Antonio ; Emilio Pita ; Rodolfo Prada ; Castelao ; Luís Seoane ; Ramón Suárez Picallo ; Luís Pimentel ; Antón Villar Ponte ; Victoriano Taibo ; Roberto Blanco Torres ; Camilo Díaz Baliño ; Evelio Acevedo ; Lois Peña Novo ; Eliseo Pulpeiro ; Eugenio Montes ; Aureliano José Pereira de la Riva ; Juvenal Ortiz Saralegui ; José Pasín Romero ;
    (1/1977) Homenaxe a Ben-Cho-Shey. Teima. (6), 31.
    Ver nota breve
    Mencións: Daniel Cortezón ; Ben-Cho-Shey ; Celso Emilio Ferreiro ; Dionisio Gamallo ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Tovar ; Isaac Alonso Estraviz ;
    CONDE MURUAIS, P. (2/1977) Un traballo máis : Ser muller en Galicia. Teima. (11), 10-13.
    Ver reportaxe
    Mencións: Concepción Arenal Ponte ; María Casares ; Rosalía de Castro ; María Antonia Dans ; Victoria Armesto ; Francisco Franco ; Margarita Ledo ; Ramón Otero Pedrayo ; Emilia Pardo Bazán ; María Xosé Queizán ; Hildegart Rodríguez Carballeira ; Mercedes Ruibal ; Xohana Torres ; Joaquina Dorado Pita ; Dolores Varela ; Emilia Díaz Búa ; Maruxa Rey ;
    MAGARIñOS, A. (3/1977) A prensa en Galicia (1930-1936). Teima. (14), 30-31.
    Ver reportaxe
    Mencións: Basilio Álvarez ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Antón Villar Ponte ; Jose Antonio Primo de Rivera ; Avelino López Otero ; Fornés Sierra ;
    (3/1977) [Fotografía de Ramón Otero Pedrayo]. Teima. (14), 30.
    Ver gráfico
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    (3/1977) Escolma Teima. Teima. (16), 33.
    Ver recensión
    Mencións: Manuel Murguía ; Ramón Otero Pedrayo ; Carlos Velo ; Xohán Vicente Viqueira ; Xosé María Dobarro ; Carlos Piñeiro ; Miguel Castelo ; Xosé M. Rodríguez Pampín ; Michael McClain ; Penny Newman ; Patricio Guzmán ; Miguel Gato ; Miguel Littin ; Antoni Ribas ; Jaime Chávarri ;
    (4/1977) In memoriam : O Leuter, un vello galeguista. Teima. (17), 4.
    Ver nota breve
    Mencións: Fermín Bouza Brey ; Fermín Penzol ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Castelao ; Eleuterio Leuter González Salgado ; Florentino L. Cuevillas ; Xosé Ramón e Fernández-Oxea, "Ben-Cho-Shey" ;
    (4/1977) Dúas novas importantes. Teima. (17), 32.
    Ver axenda
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Castelao ;
    (4/1977) Escolma Teima. Teima. (18), 33.
    Ver recensión
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Fernando González Laxe ;
    FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
    Ver reportaxe
    Mencións: Manuel Banet Fontenla ; Ramón Cabanillas ; Santiago Casares Quiroga ; Camilo José Cela ; Manuel Lugrís Freire ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Xaime Quintanilla ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Antón Losada Diéguez ; Roberto Blanco Torres ; Lois Porteiro Garea ; Antonio Cánovas del Castillo ; Arturo Noguerol Buján ; Aurelio Ribalta ; Florencio Vaamonde ; Euxenio Charlón Arias ; Ramón Charlón Arias ;
    MAGARIñOS, A. (5/1977) 1931-1936 : A prensa nas vilas. Teima. (23), 30-31.
    Ver artigo
    Mencións: Emilio Álvarez Blázquez ; Eduardo Blanco Amor ; Alexandre Bóveda ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Castelao ; Ramón Suárez Picallo ; Ramón de Valenzuela ; Antón Alonso Ríos ; Joaquín Loriga ; Manuel Portela Valladares ; Segundo Carlos Pardo-Ciórraga de Santos ; Pereira Vidal ; Manuel González Rodríguez ; José Trapero Pena ; Antonio Maseda Bouso ; T. Torres Quiroga ; Mario Canda Pérez ; Antonio Bacelar Besteiro ;
    ÁLVAREZ POUSA, L. (5/1977) Carlos Velo, nacionalista galego : Por Galicia nun venres santo. Teima. (24), 18-21.
    Ver artigo
    Mencións: Francisco Franco ; Antonio García Varela ; Bernardino Graña ; Xaquín Lorenzo Fernández ; Vicente Risco ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Friedrich Nietzsche ; Ramón Otero Pedrayo ; Reimundo Patiño ; Manuel Peña Rey ; Castelao ; Luís Soto Fernández ; Miguel de Unamuno ; Carlos Velo ; Santiago Álvarez ; Xosé Hermida ; Ramón de Valenzuela ; Eugenio Montes ; Florentino L. Cuevillas ; Manuel B. Cossío ;
    MONTERO SANTALHA, J. (5/1977) Os 80 anos de Rodrigues Lapa. Teima. (24), 30-31.
    Ver artigo
    Mencións: Eduardo Blanco Amor ; Ramón Cabanillas ; Ricardo Carballo Calero ; Xosé María Díaz Castro ; Rafael Dieste ; Francisco Fernández del Riego ; Ánxel Fole ; Uxío Novoneyra ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Manuel Rodrigues Lapa ; Silvio Santiago ;
    MAGARIñOS, A. (6/1977) Comunicación : "Heraldo de Galicia" e as eleccións republicanas. Teima. (29), 32.
    Ver artigo
    Mencións: Xerardo Álvarez Gallego ; Manuel Banet Fontenla ; Alexandre Bóveda ; Xosé Filgueira Valverde ; Adolf Hitler ; Ramón Martínez López ; Vicente Risco ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Castelao ; Ramón Suárez Picallo ; Joaquín Calvo Sotelo ; Isidoro Guede ; Xosé Sesto López ; José García Vidal ; José Lino Sánchez ; Darío Caramés Ruza ; José Martínez Tiscar ; José Fernández Borrajo ; José Goyanes Sotelo ; José Antonio Varela Garza ; Xosé Lois Parente del Riego ; Ángel Martínez Doval ; José Perille Garra ; Pedro Basanta del Río Rojo ;
    BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
    Ver reportaxe
    Mencións: Joaquín Arias Sanjurjo ; Juan Barcia Caballero ; Alexandre Bóveda ; Alfredo Brañas ; Ramón Cabanillas ; Salvador Cabeza de León ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos VII de Francia ; Xosé Filgueira Valverde ; Antonio López Ferreiro ; Ramón Máiz Suárez ; Vicente Risco ; José Ortega y Gasset ; Ramón Otero Pedrayo ; Valentín Paz-Andrade ; Juan Manuel Paz Nóvoa ; Castelao ; Francisco Romero Blanco ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Carlos Zubillaga ; Alejandrino Fernández Barreiro ; Antón Losada Diéguez ; Marcelo Macías y García ; Alberte Martínez López ; Lois Peña Novo ; Lois Porteiro Garea ; Esteban Quet y Puigvert ; Ramón Pérez Costales ; Manuel Lago González ; Eugenio Montero Ríos ; Alfonso Alfonso Bozzo ; Xan Moreno González ; Ramón Faginas ; Federico Gallardo ; Joaquín Díaz de Rábago ; Juan Vázquez de Mella y Fanjul ; Ramón Bernárdez ; Olimpio Pérez Rodríguez ; Pedro Pais Lapido ; Bernardo Santaló ; Urbano Anido ; Gabino, conde de Bugallal y Araujo ; José Antonio Parga Sanjurjo ; Evaristo Martelo Paumán ;
    (7/1977) [Fotografía de Ramón Otero Pedrayo]. Teima. (32), 38.
    Ver gráfico
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    MéNDEZ FERRíN, X. (7/1977) O nacionalismo cara ó futuro. Teima. (32), 43-45.
    Ver reportaxe
    Mencións: Alexandre Bóveda ; Bieito Cupeiro ; Francisco Franco ; Eduardo Pondal ; Lenin ; Ramón Lugrís ; Manuel Murguía ; Vicente Risco ; Karl Marx ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Ramón Piñeiro ; Moisés da Presa ; Castelao ; Antón Villar Ponte ; Xohán Vicente Viqueira ; Enrique Fuentes Quintana ; Francisco Rodríguez ; Ramón López Suevos ; Florentino L. Cuevillas ; Antón Moreda ;
    (8/1977) Galicia : Polo buraco da porta. Teima. (34), 4.
    Ver artigo
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;
    (8/1977) As outras rías : Forza salvaxe da terra primitiva. Teima. (34), 6.
    Ver artigo
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ; Pablo Iglesias ;
    CATOIRA, M. (8/1977) Narrativa : A teoría corpuscular. Teima. (35), 31.
    Ver recensión
    Mencións: Xavier Alcalá ; Eduardo Blanco Amor ; Ricardo Carballo Calero ; Carlos Casares ; Álvaro Cunqueiro ; Rafael Dieste ; Celso Emilio Ferreiro ; Ánxel Fole ; Xosé Luís Franco Grande ; Xosé Luís Méndez Ferrín ; Xosé Neira Vilas ; Ramón Otero Pedrayo ; Xohana Torres ; Marcial Valladares ; Ignacio Vázquez Diéguez ; Carlos Durán ; Xoán Ignacio Taibo ; Lois Diéguez ; Paco Martín ;
    GARCíA NEGRO, M. DOBARRO, X. (2/1980) Curso de lígua: Quince. Nosa Terra, A. (96), 23.
    Ver relatorio Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
    Mencións: Ramón Otero Pedrayo ;