Xosé Luís Regueira

----

Xosé Luís Regueira

1958 Goiriz, Vilalba
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xosé Luís Regueira

1958- Goiriz, Vilalba
Xosé Luís Regueira Fernández (Vilalba, 1958) é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade en 1989. Forma parte do ILG desde 1981. Foi secretario do Instituto entre 1996 e 2005.

Os seus intereses investigadores céntranse na fonética e na variación da lingua oral. Participou en diferentes proxectos de investigación nestas liñas, e actualmente é IP do proxecto Cambio lingüístico no galego actual.

É coordinador da revista Cadernos de Lingua, editada pola Real Academia galega, desde a súa aparición (1990).

Desde 2012 é membro numerario da Real Academia Galega.

Publicacións nas que participou Xosé Luís Regueira

Portada de  Norma lingüística e variación
LIBRO. ACTAS

Norma lingüística e variación

Unha perspectiva desde o idioma galego
Portada de A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega: historia e actualidade (v. II)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela

Materiais de Xosé Luís Regueira

Documento. Artigo

Coloquio entre Salvador Pérez Froiz, Antón Dobao, Xosé Luís Regueira e Charo Pena sobre a lingua na Televisión de Galicia

Pérez Froiz, Salvador et al. (2003): «A Televisión de Galicia e a lingua». En Seoane Pérez, Francisco (coord.): Televisión de Galicia: balance de 15 anos. Actas do Ciclo de Debates celebrado en Santiago de Compostela do 2 ó 5 de abril de 2001. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela; 57-77.