Anne Marie Thiesse

----

Anne Marie Thiesse


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Anne Marie Thiesse


Directora de Investigación do Centre Nacional de la Recherche Scientifique, París, desde 1991. Despois de estudar no Ecole Normale Superieure, graduouse na universidade de París-III en 1981, e obtivo unha praza no CNRS como investigadora. O seu equipo de investigación colabora coa Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales (EHESS). Os seus temas principais de investigación son a historia e socioloxía da cultura. É autora do libro A creación das identidades nacionais, referente á construción das identidades rexionais e nacionais no continente europeo.

Publicacións nas que participou Anne Marie Thiesse