Biografía de Alfonso Zulueta
1924- Vigo (Pontevedra) | 2017 Vigo (Pontevedra)Nado en Pontevedra en 1924, notario e intelectual galego Foi o fundador e o primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), ao igual que do Partido Galego Social-Demócrata (1974-1978) Persoeiro destacado do Partido Galeguista Foi distinguido coa primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort e coa Medalla Castelao.
Tras a inesperada morte de Carlos Casares, foi o encargado de continuar e impulsar o labor iniciado, afianzando os proxectos e as expectativas do Consello. Licenciado en Dereito e con cursos de Doutoramento, foi reitor do Colexio Maior Universitario para Graduados “César Carlos”, de Madrid, entre 1955 e 1956, período en que ocupou tamén o cargo de secretario do Comité Hispano-Británico de intercambio entre as universidades de Madrid e Oxford. Fundou e foi o primeiro presidente do Padroado de Educación e Cultura de Gaucín (Málaga), cidade en que exerceu por primeira vez a súa profesión de notario, que logo proseguiría en Marín, Ferrol e Vigo.
Persoeiro destacado do Partido Galeguista, foi relator no anteproxecto preparado polo Consello da Cultura Galega para a Lei de Dereito Civil Galego e nos congresos desta especialidade celebrados entre 1972 e 1985 e da súa actualización no anteproxecto presentado ao Parlamento no ano 2005. Exerceu como profesor no Curso de Dereito Galego na Universidade da Coruña e pronunciou numerosas conferencias sobre o tema. Foi presidente do Consello Social da Universidade de Vigo (1996-2003) e membro do Padroado da Confederación Española de Fundacións.
A finais dos anos 80 foi elixido membro do Pleno do Consello da Cultura Galega e o 28 de marzo de 1996 foi proposto para ocupar unha das vicepresidencias da institución. O 17 de abril de 2002 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeñou ata abril de 2006.
Un home de longa traxectoria
Alfonso Zulueta tamén foi vicepresidente primeiro do Consello de Administración de Caixanova, fundador e presidente da Fundación Tutelar Galega para Discapacitados Psíquicos “Sálvora” e fundador e membro do Padroado e asesor xurídico da Asociación Xoán XXIII para Deficientes Psíquicos. Ademais fundou e presidiu a Fundación “Pedras Vivas”.
Entre outros méritos destacables atópanse a presidencia da Editorial SEPT (Sociedade de Estudios, Publicacións e Traballos), responsable da tradución e da publicación da Biblia en galego; vicepresidente da Fundación Penzol; conselleiro da Editorial Galaxia; académico de Honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación; membro vitalicio do Padroado da Fundación Gonzalo Torrente Ballester e membro do Padroado das Fundacións Otero Pedrayo e Wenceslao Fernández Flórez.
Alfonso Zulueta de Haz foi distinguido coa primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort e coa Medalla Castelao.
Publicacións nas que participou Alfonso Zulueta
LIBRO
Auga e cultura
Achegamento gráfico
LIBRO. ACTAS
Os incendios forestais en Galicia
Actas das xornadas celebradas os días 7 e 8 de novembro de 2005 en Santiago de Compostela
LIBRO-AUDIO
Ordo prophetarum
Drama litúrxico do século XII
LIBRO. ACTAS
Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinar
Actas das Xornadas celebradas os días 11, 12 e 13 de abril de 2002 en Santiago de Compostela
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
LIBRO. ACTAS
A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego
Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela
LIBRO. ACTAS
A lingua galega, historia e actualidade (v. I)
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de CompostelaMateriais de Alfonso Zulueta
Documento. Artigo
Lembranza de Alfonso Zulueta, por Bieito Santos
Santos, Bieito: «In memoriam: A fe relixiosa de Alfonso Zulueta, motor da súa vida», Encrucillada, 204 (setembro-outubro 2017), 71-74.
Documento. Acta
En memoria de Alfonso Zulueta, por Francisco Domínguez
Domínguez, Quico: «Acción de grazas lida no funeral de Alfonso Zulueta de Haz», Encrucillada, 204 (setembro-outubro de 2017), 82-83.
Documento. Artigo
Artigo de Francisco Domínguez polo falecemento de Alfonso Zulueta. 29 de xuño de 2017
Domínguez, Francisco: «Facho de compromiso e xenerosidade: un home que deu exemplo na construción dun mundo mellor», Faro de Vigo, (29 de xuño de 2017)
Documento. Artigo
Homenaxe a Alfonso Zulueta e María Teresa Fernández Cabaleiro
Jiménez Casas, Cipriano Luis: «Homenaxe de Fundación Sálvora: Alfonso Zulueta de Haz & María Teresa Fernández Cabaleiro», Faro de Vigo, (22 de xullo de 2013)
Documento. Artigo
Alfonso Zulueta inaugura, con esta presentación, a exposición No niño novo do vento, conmemorativa do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro
Zulueta de Haz, Alfonso: «Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro: Itinerario por Galicia», Grial: revista galega de cultura, 192 (outubro-decembro de 2011), 8-9.
Documento. Artigo
Alfonso Zulueta rememora a figura de Carlos Casares, predecesor seu na presidencia do Consello da Cultura Galega
Zulueta de Haz, Alfonso: «Pegadas dos tempos idos». En Carlos Casares: os amigos, as imaxes, as palabras. Vigo: A Nosa Terra; Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; D.L. 2004; 185-186.
Documento. Artigo
Biografía de Alfonso Zulueta de Haz en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
«Zulueta de Haz, Alfonso». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, D.L. 2003; XLIV, 255.
Documento. Artigo
Presentación de Alfonso Zulueta do XI Foro Relixión e Cultura
Zulueta de Haz, Alfonso: «Os primeiros vinte anos de Encrucillada», Encrucillada, 100 (novembro-decembro 1996), 11-15.
Documento. Artigo
Nota informativa na revista Grial sobre a creación da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT). 1965
«Notas», Grial: revista galega de cultura, 9 (xullo-setembro de 1965), 379.Alfonso Zulueta nas actividades do CCG
Artigos
(3/1977) A A.N.-P.G. quere ser legal. Teima. (14), 6.
Ver artigo
(7/1977) Tra-la rendición de Galicia : A esquerda conspira. Teima. (30), 4-7.
Ver artigo