Biografía de Maximino Zumalave Caneda
1956- Santiago de Compostela (A Coruña)Nado en Santiago de Compostela en 1956 Director e pianista compostelán formado musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.
Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra ou a Sinfónica de Praga. Ademais, participou en xurados de certames e premios internacionais.
É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario desde 2005. En xuño de 2008, o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.
É coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega.
Publicacións nas que participou Maximino Zumalave Caneda
PARTITURAS
Follas Novas
Rapsodia galega para banda sinfónica
PARTITURAS
Aqueles doces cantares
Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro
LIBRO
As artes escénicas en Galicia
Situación e perspectivas
PARTITURAS
Dezaseis cancións para voz e piano
XXV anos da Asociación Galega de Compositores (1987-2012)
LIBRO. CATáLOGO
Galicia 25: unha cultura para un novo século
Consello da Cultura Galega 1983-2008
LIBRO. CATáLOGO