Ana de Miguel Álvarez

----

Ana de Miguel Álvarez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ana de Miguel Álvarez


Profesora titular de Filosofía Moral e Política da URJC. Coordinadora do programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Interdisciplinares de Xénero. Publicou estudos sobre autores clásicos da teoría feminista, como Alejandra Kolontai, Flora Tristan, Anna Wheeler e William Thompson, John Stuart Mill e Quasim Amin. Coeditou con Celia Amorós a obra Teoría feminista. De la Ilustración a la globalización (3 volumes) e dirixe o curso clásico Historia da Teoría Feminista, que se imparte, desde 1991, no Instituto de Investigaciones Feministas da UCM. Nos seus últimos traballos céntrase en estudar a reprodución da desigualdade sexual nas sociedades formalmente igualitarias e a mercantilización dos corpos das mulleres. Destacamos o seu libro Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección, publicado en 2015 e que vai pola 12ª edición.


Recibiu diferentes premios: o Premio Ángeles Durán á innovación científica en estudos de xénero, o do Consello Social da URJC á excelencia investigadora e o Carmen de Burgos á divulgación feminista. Tamén o da Federación de Mujeres Progresistas e El Club de las 25. Foi nomeada Comadre de Ouro pola Tertulia Feminista Les Comadres, Xixón. 


Pódese acceder a algunhas das súas publicacións nas páxinas:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ana_de_Miguel
http://www.mujeresenred.net/anademiguel.html

Ana de Miguel Álvarez nas actividades do CCG

Artigos

MIGUEL ÁLVAREZ, A. (1998) Ideoloxía e distorsión, de Francisco Sampedro. Festa da palabra silenciada. (14), 88-91.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
MIGUEL ÁLVAREZ, A. (2006) O feminismo na tradición utilitarista: de William Thompson a John Stuart Mill. Festa da palabra silenciada. (22), 23-32.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
MIGUEL ÁLVAREZ, A. (2009) Feminismo e mocidade nas sociedades formalmente igualitarias. Festa da palabra silenciada. (25), 34-54.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: