Manuel Núñez Singala

----

Manuel Núñez Singala

1963 Lugo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel Núñez Singala

1963- Lugo
É licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na actualidade, e desde o ano 1988, é director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Con anterioridade foi bolseiro do Instituto da Lingua Galega, bolseiro na Unidade de Tradución do Parlamento de Galicia e traballou como tradutor do Diario Oficial de Galicia na Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, onde foi funcionario interino do grupo A.
Foi coordinador da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega.
É membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), unha entidade internacional á que están adheridas máis de cen institucións e organismos de corenta países, e da Comisión Central de Avaliación dos Certificados de Lingua Galega (CELGA).
É coautor das seguintes obras: Vocabulario do Medio Físico, Xunta de Galicia, 1988; O galego e a información, Editorial Lea, 1996; O idioma na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago, 1998; Niveis de competencia en lingua galega, Centro Ramón Piñeiro-Xunta de Galicia, 2006; Lingua e futuro, Edicións Laiovento, 2009; A avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán, ICE-Universidade de Santiago de Compostela, 2010.
Foi tamén coordinador das seguintes publicacións: Mellorando os Servicios (2 volumes), Universidade de Santiago de Compostela, 1997; Curso de lingua galega para non galegofalantes, Xunta de Galicia-Everest, 2000.
Así como autor de artigos en revistas especializadas, e de comunicacións e relatorios en numerosos congresos e xornadas, nacionais e internacionais.
No terreo da creación literaria ten publicadas as seguintes obras individuais: O achado do castro, Sotelo Blanco Edicións, 1991 (teatro); Mar de fondo, Editorial Galaxia, 1997 (narrativa); Comedia bífida, Editorial Galaxia, 2007 (teatro); En galego, por que non, Editorial Galaxia, 2009 (ensaio); Planificación estratéxica, Edicións Laiovento, 2009 (teatro); Menú de enganos, Editorial Galaxia, 2010 (narrativa); Instrucións para tomar café, Editorial Galaxia, 2014 (narrativa).

Publicacións nas que participou Manuel Núñez Singala

Portada de A lingua galega, historia e actualidade (v. I)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega, historia e actualidade (v. I)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
Portada de A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega: historia e actualidade (v. II)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela

Artigos

NúñEZ SINGALA, M. (2010) Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, de Goretti Sanmartín Rei. Festa da palabra silenciada. (26), 133-135.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: