consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Evelio Acevedo

Eventos nos que participou

Relator/a

Arte + Coleccionismo
4 e 5 de novembro de 2015

BIOGRAFÍA

Incorporouse á Fundación Colección Thyssen-Bornemisza no ano 2012 como director xerente. Anteriormente, traballara para Barclays España como director de Responsabilidade Corporativa e director xerente da Fundación Barclays. Nesta entidade emprendeu diversas responsabilidades creando diversas áreas e asumindo outras funcións, tales como director de Investimentos Estranxeiros, director do Gabinete do CEO para España e Europa continental, director do Servizo de Atención ao Cliente e director de Comunicación (Externa e Interna).

Até a actualidade, a súa experiencia profesional sempre foi na industria financeira, traballando tamén para o Banco Sabadell en Madrid e en Londres (Banca Corporativa e Comercio Exterior) e no Banco Santander en Madrid (División Internacional).

En Madrid estudou Dereito na Universidad Complutense de Madrid e Relacións Públicas (Comunicación Corporativa) no Centro Español de Nuevas Profesiones. Realizou un Executive Programme en Responsabilidade Social Corporativa no Instituto de Empresa de Madrid e múltiples seminarios en materias relacionadas coas súas responsabilidades.


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org