consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Roberto Quintero

Eventos nos que participou

Participante

Mary Quintero: A luz que alumea a vida
Xoves, 29 de outubro de 2015

BIOGRAFÍA

Pertence a unha familia de fotógrafos que, desde principios do século pasado, sentiron paixón pola fotografía como modo de vida. Comeza cos seus pais, no seu estudo de Lugo, na praza de Santo Domingo, o seu camiño como fotógrafo.

Colaborou coa súa irmá Mary en Vigo a finais da década dos cincuenta e máis tarde especializouse na fotografía a cor, cando comezaba a súa andadura en España. Foi nos estudios que tiña o profesor Jalón Ángel, en Zaragoza, onde estudou todo o relacionado cos principios da fotografía en cor que posteriormente aplicaría no seu estudo de Vigo.

Nos sesenta, desprázase a Amberes para mellorar a súa formación na fotografía, na sede de Agfa-Geavert, baixo o maxisterio do profesor Dr. Grouyaert, destacado especialista no proceso da cor. Ao regreso asiste aos cursos que sobre revelado e positivado impartían Ferrania e Kodak en Madrid. No anos setenta asiste (1972 e 1976) a diversos cursos de fotografía publicitaria en Colonia con motivo da celebración da Feira Internacional da Photokina.

Nos oitenta viaxa a Suíza en varias ocasións para recibir formación no manexo da cámara de banco óptico e a súa aplicación á fotografía de arquitectura e publicitaria na sede de Sinar AG en Schaffhausen, así como formación en iluminación de fotografía de produto e espazos industriais na sede de Broncolor, en Allschwil.

A actividade do estudo centrouse na fotografía publicitaria, industrial e editorial como os seus piares fundamentais, dando cobertura a todas as partes do proceso, desde a produción e creación fotográfica até o seu positivado. Permitiulle ter unha clientela de empresas e axencias publicitarias do ámbito xeográfico de Galicia. Moitas das campañas realizadas no estudio marcaron o devir da fotografía publicitaria dos últimos anos en Galicia.

Ao tempo que desenvolve a súa faceta como fotógrafo incorporeime ao ámbito asociativo galego e nacional para poñer en marcha a mediados dos setenta as primeiras asociacións profesionais de fotógrafos, onde ocupa o posto de presidente como de vicepresidente.
Algunhas das obras nas que participou como fotógrafo: Pintores gallegos del Novecientos, Fundación Barrie de la Maza; Cuadernos de Arte Gallego (Colmeiro, Laxeiro, Acisclo), Editorial Atlantico; Plástica Gallega, Caixa de Aforros Municipal de Vigo; Julia Minguillón, Fundación Barrie de la Maza; María Antonia Dans, Xunta de Galicia; Tino Grandío, Xunta de Galicia; Manuel Torres, Xunta de Galicia; Antón Faílde, Deputación de Ourense; Paco Leiro, Galería Marlborough; Silverio Rivas, Caixavigo; 75 obras para 75 anos, Museo de Pontevedra; Milenario da Catedral de Santiago, Cabildo da Catedral; Santuario de Nuestra Señora de Las Ermitas, Caixa Ourense; Libros da cociña galega, Editorial Xerais.


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org