Patricia Mañana-Borrazás

----

Patricia Mañana-Borrazás


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Patricia Mañana-Borrazás


Arqueóloga, especialista en Rexistro Xeométrico e Virtualización do Patrimonio. Licenciada en Historia pola USC, orienta os seus traballos de investigación no fenómeno megalítico e a monumentalización na Prehistoria dende unha perspectiva que combina a Arqueoloxía da Paisaxe e a Arqueoloxía da Arquitectura; tamén sobre como as novas tecnoloxías poden chegar a mellorar os procesos de rexistro e representación do Patrimonio.
Ten unha ampla experiencia en escavacións arqueolóxicas, arqueoloxía de xestión, prospeccións... Nos últimos anos vense especializando na documentación 3D do Patrimonio Cultural empregando diversos escáneres 3D, a Fotogrametría Dixital, as Tecnoloxías de Información Xeográfica, etc. Unha parte fundamental da súa actividade está vinculada coa difusión e coa comunicación do traballo arqueolóxico e dos resultados das investigacións por medio de charlas, rutas, seminarios, etc. orientadas a todo tipo de públicos.
Publicou artigos en revistas científicas nacionais e internacionais, e participou en libros recompilatorios, congresos, monografías, etc., que se poden atopar nos seus perfís en Academia.edu ou ReserarchGate, xunto a vídeos, as presentacións das charlas, pósteres, etc.