Jorge Sanjurjo Sánchez

----

Jorge Sanjurjo Sánchez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Jorge Sanjurjo Sánchez


Profesor contratado doutor na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, membro do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal e responsable da Unidade de Xeocronoloxía dos Servizos de Apoio á Investigación da UDC. Desenvolve a súa investigación sobre a xeocronoloxía, xeoquímica, xeoarqueoloxía e xeomorfoloxía. En xeocronoloxía centra a súa investigación na datación por luminiscencia aplicada á xeomorfoloxía e á arqueoloxía. Participou na organización de 3 congresos internacionais e ten máis de 77 participacións en congresos, reunións e simposios, case todos do ámbito internacional. Participou na publicación de máis de 80 artigos e libros de investigación (uns 60 artigos de investigación e 25 libros e capítulos de libros) en revistas e editoriais internacionais. Participou en 17 proxectos de investigación, sendo investigador principal en 3 deles e en 22 contratos de investigación para a transferencia de resultados. Actualmente é tamén revisor en máis de 20 revistas internacionais e membro do comité editorial de 3 revistas internacionais.