Ángeles Abelleira

----

Ángeles Abelleira


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ángeles Abelleira


Mestra de educación infantil con experiencia en dirección de centros. Foi asesora de formación do profesorado, así como asesora técnica na Administración educativa, onde tamén tivo responsabilidades na innovación e na ordenación educativa. Autora, colaboradora e coordinadora de publicacións relacionadas coa educación infantil, a convivencia escolar, a avaliación, o currículo educativo ou os valores, que lle supuxeron prestixiosos premios e recoñecementos pola súa achega á innovación educativa, entre outros o Premio Nacional Francisco Giner de los Ríos 2012 á mellora da calidade educativa. No 2015, foi seleccionada para representar a España na Rede Iberoamericana de Educación Infantil polo seu blog InnovArte Educación Infantil, do que é coautora coa súa irmá Isabel. Na actualidade desempeña a función docente na EEI Milladoiro, no concello de Ames.

Ángeles Abelleira nas actividades do CCG