José C. Moya

----

José C. Moya


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José C. Moya


Profesor de Historia e director do Forum on Migration no Barnard College, Columbia University, e profesor emérito da University of California, Los Ángeles (UCLA). Foi profesor ou relator convidado nas universidades de Berlín (Frei), Oxford, Paris VII, La Sorbonne, Stanford, Viena, Leiden, Cracovia, École des Hautes Études en Sciences Sociales, London School of Economics, Santiago de Compostela, Hong Kong, Fudan en Xangai, Tel Aviv, a Hebrea en Xerusalén, USP e Campinas en São Paulo e o Colegio de México, entre outras.


Entre as súas máis de cincuenta publicacións encóntranse: Cousins and Strangers: Spanish Immigrants in Buenos Aires, 1850-1930 (Berkeley, 1998, e tradución ao castelán, EMECE, 2004), que recibiu cinco premios polas súas contribucións teóricas e metodolóxicas á historia social, os estudos migratorios e a historia latinoamericana; World Migration in the Long Twentieth Century (Washington, 2011); Handbook of Latin American History (Oxford University Press, 2011); e Immigration, Culture and Socioeconomic Development in the United States, Canada, and Latin America (2018), traducido ao mandarín.


Na actualidade está a redactar un libro sobre o anarquismo en Bos Aires e o mundo atlántico e editou outro sobre Atlantic Crossings: Webs of Migration, Culture and Politics between Europe, Africa, and the Americas, 1800-2010.