consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Mario Caciagli

Eventos nos que participou

Relator/a


BIOGRAFÍA

Catedrático de Ciencia Política na Universidade de Florencia. Foi profesor nas Universidades de Catania e de Padova e profesor visitante en diversas universidades europeas. En 1979 foi un dos fundadores da Società italiana di studi elettorali, sendo presidente da mesma desde 1983 a 1986 e presidente honorario na actualidade. Desde 1980 é director da revista semestral Quaderni dell’Osservatorio elettorale. Entre os seus libros publicados en España destacan: Elecciones y partidos políticos en la transición española (Madrid, 1986); Clientelismo, corrupción y criminalidad organizada (Madrid, 1996); Regiones de Europa. Autogobierno, regionalismos, integración europea (Valencia, 2006). Na actualidade está traballando no libro Que rojo era mi valle, resultado de 25 anos de investigación sobre a cultura política dunha zona da Toscana.


Pode actualizar a súa fotografía ou currículo remitindonos un correo a web@consellodacultura.org