Ángeles Afuera

----

Ángeles Afuera

1954
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ángeles Afuera

1954-
Doutora en Ciencias da Información e membro do Grupo de Investigación PaDem (Patrimonio Dixital en Medios de Comunicación) da Universidad Complutense de Madrid.
Como profesional, a súa carreira está ligada á Cadena SER, onde exerceu como periodista desde 1977. En 1989 fundou o Departamento de Documentación da SER, que dirixiu até a súa xubilación, no 2016. Coordinou os arquivos sonoros de PRISA Radio e a súa expansión polas emisoras do grupo en diversos países de Latinoamérica (Colombia, Chile, Arxentina e México).
Á fronte do micrófono durante case 40 anos, foi a voz das reportaxes retrospectivas, dos perfís e as achegas documentais á actualidade, dando así visibilidade á tarefa dos profesionais dos arquivos nos medios de comunicación. Posúe a Antena de Ouro de Radio, concedida pola Federación de Asociaciones de Radio de España, e o Premio Nacional de Documentación SEDIC.

Publicacións nas que participou Ángeles Afuera

Ángeles Afuera nas actividades do CCG