consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Perspectivas sobre a oralidade


Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.

Estas contribucións mostran o estado da cuestión e as direccións cara ás que se está a encamiñar a investigación, polo que, ademais de representaren unha posta ao día, apuntan tamén os camiños de futuro para os novos investigadores que se achegan ao galego.


Código QR para a descarga
Perspectivas sobre a oralidade / Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández (editores). — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2008. — 350 p.: 22 cm. —(Colección Base. Serie Lingüística ; 7)
DL VG 1649-2008 — ISBN 978-84-96530-86-7
1. Lingua galega-Comunicación oral. I. Fernández Rei, Elisa. II. Regueira Fernández, Xosé Luís. III. Consello da Cultura Galega, ed. IV. Instituto da Lingua Galega, ed.