consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A lexicografía galega moderna: recursos e perspectivas


A lexicografía é, nos estudos lingüísticos do galego, unha liña de atención preferente e incesante desenvolvemento. Neste volume reúnense 19 contribucións resultantes do convite feito polo Instituto da Lingua Galega a distintos investigadores co fin de facer unha instantánea do estado actual desta disciplina en Galicia e, a partir dela, planificar o traballo da súa sección de lexicografía para os
próximos anos.

Pola súa temática, os traballos responden a tres grandes perspectivas: (a) a historiografía e a metodoloxía lexicográficas, (b) os recursos lexicográficos no presente e as súas perspectivas de futuro e (c) a lexicografía académica. A presenza fundamental do galego como obxecto de estudo vese enriquecida con olladas selectas a outras linguas como o portugués, o castelán, o catalán e o italiano.


Código QR para a descarga
A lexicografía galega moderna: recursos e perspectivas / Ernesto González Seoane, Antón Santamarina, Xavier Varela Barreiro
(editores).- Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega, 2008.- 425 p. ; 22 cm. (Colección Base. Serie Lingüística; 6)
D.L. VG 1648-2008.- ISBN: 978-84-96530-85-0
1. Lingua Galega-Lexicografía. I. González Seoane, Ernesto. II. Santamarina, Antón. III. Varela Barreiro, Xavier. IV. Consello da Cultura Galega, ed. V. Instituto da Lingua Galega, ed.