consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Informe sobre a regulación e a organización e funcionamento das Fundacións Culturais de Interese Galego

Baixar publicación
/ 2011 /

TEMÁTICAS


É evidente que as fundacións constitúen un dos principais instrumentos xurídico-organizativos que a sociedade civil galega pode empregar para contribuír a artellar a defensa e a promoción dos valores culturais do noso pobo.

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia requiriu o 21 de outubro de 2010 ao Consello da Cultura Galega, en exercicio das competencias antes citadas, o seu asesoramento neste tema e a elaboración dun informe que abranguese, por un lado, unha análise do réxime xurídico da regulación das fundacións no ámbito estatal e autonómico e, por outro, un estudo sobre o cumprimento por parte das fundacións galegas, en particular das fundacións culturais, das obrigas que a normativa vixente lles impón a estas.

Á vista dos estudos encargados, das conclusións derivadas das xornadas e dos debates internos da Comisión nomeada ao efecto, o Pleno do Consello da Cultura Galega, na sesión realizada o día 26 de xullo de 2011, acordou elevar á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia o presente informe. Nel, ademais de facer unha reflexión xeral sobre o estado da situación e sobre os principais problemas que presenta neste momento o sector fundacional en Galicia, formúlase un conxunto de recomendacións que, en opinión do Consello da Cultura Galega, de seren adoptadas, poden servir para mellorar a actual regulación das fundacións de interese galego, en particular das culturais, e, xa que logo, a súa organización, funcionamento e actuación.


Código QR para a descarga