consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Norma lingüística e variación Unha perspectiva desde o idioma galego


Actas do simposio "Variación e prescrición", organizado polo Instituto da Lingua Galega en 2003. Recolle relatorios de destacados lingüistas que afondan nos límites do modelo normativo establecido e reflexionan sobre a integración das variedades lingüísticas na descrición gramatical.

O monllo de traballos recollidos neste volume foi presentado no marco do simposio “Variación e prescrición” organizado polo ILG en 2003. Son todos eles traballos orixinais encargados a recoñecidos especialistas con acreditada capacidade de reflexión verbo das cuestións que presenta a integración da variación lingüística na descrición gramatical e sobre a delicada problemática da delimitación de fronteiras entre as tarefas de descrición e prescrición.
Conta así mesmo coa colaboración de ilustres lingüistas en representación dos equipos responsables das ambiciosas gramáticas do español, o catalán e o portugués editadas recentemente, que acompañaron ao equipo que redacta na actualidade a gramática da Real Academia Galega.
O presente volume recolle todas estas achegas, que afondan nos límites do modelo normativo establecido, nesa fronteira en que falla a descrición de ‘como debe ser’ ou ‘como é preferible que sexa’, o que tamén implica en moitos casos ‘como non debe ser’ ou ‘como non é’.


Código QR para a descarga
Norma lingüística e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego
/ Rosario Álvarez, Henrique Monteagudo (editores). — Santiago de
Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega,
2004. — 440 p.: 22 cm. —
(Colección Base. Serie Lingüística ; 3)
DL 474/2005 — ISBN 84-95415-94-1
1. Lingua galega-Lexicografía. I. Álvarez, Rosario. II. Monteagudo,
Henrique. III. Consello da Cultura Galega. IV. Instituto da Lingua
Galega