consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración

Baixar publicación

/ 2008 /

DATOS DO EVENTO

Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Palmas de Gran Canaria, do 4 de marzo ao 30 de xuño de 2011

TEMÁTICAS

AUTORÍA

entidades


Na case totalidade dos destinos aos que a emigración galega se dirixiu ao longo de máis de dous séculos, tivo lugar a aparición dun asociacionismo étnico sumamente variado. Este asociacionismo, en definitiva, perseguiu o múltiple obxectivo de operar como sistema de amparo e protección dos emigrantes, de ofertar diversas fórmulas de sociabilidade, así como demanter os vínculos coa sociedade de orixe, reportando beneficios ás comunidades galegas, tanto da Galicia territorial como da exterior.

Inicialmente, ese asociacionismo tivo unha marca puramente informal que aflorou desde o instante mesmo da partida dos emigrantes. Foi así que os peiraos dos principais portos e as travesías efectuadas nos buques que durante tanto tempo cruzaron o Atlántico xogaron un importante papel como primeiros espazos de encontro no tránsito cara á emigración americana, igual que, máis adiante, os autobuses e os trens nas saídas cara a Europa ou cara aos distintos lugares da Península. De maneira semellante, unha vez producida a incorporación aos respectivos medios laborais en que os galegos se inseriron segundo os diferentes destinos, estes operaron como ámbitos favorecedores da unión entre paisanos que deron pé ao establecemento doutros vínculos que paulatinamente foron articulando novas fórmulas de sociabilidade.

O catálogo en inglés e francés pode consultarse aquí.


Código QR para a descarga
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración / [organizado polo] Arquivo da Emigración Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta ; Pilar Cagiao Vila, Vicente Peña Saavedra (comisariado). - Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Xunta de Galicia , 2008.DL C-2063-2008. – ISBN 978-84-96530-60-7