consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)

Baixar publicación

/ 2012 /

DATOS DO EVENTO

Presentación do libro «O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)»
Venres, 28 de setembro de 2012 ás 11:00

AUTORÍA


Na vontade de debullar criticamente a pluralidade das significacións da cultura no noso tempo, desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas, desenvolveuse no Consello da Cultura Galega o abano de seminarios O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). O libro recolle a maioría dos textos presentados e discutidos devagar nas diferentes sesións realizadas nos últimos catro anos. Agavelalos nun volume conxunto permite non só recuperar a plural riqueza das diferentes achegas, tamén decatármonos dos sutís fíos argumentais que se entrecruzan e retoman en perspectivas moi diversas. Mesmo serve, por riba, para facilitar ao público materiais que estimamos de interese para a reflexión persoal sobre tan capital dimensión, por constitutiva, das nosas vidas como seres en quimérica procura de sentido, nun mundo que nos sitúa unha e outra vez «fóra de lugar». O volume que presentamos, de setecentas páxinas, recolle un total de 28 intervencións de figuras do pensamento contemporáneo como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, José Antonio Fernández de Rota y Monter, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau,  Amelia Valcárcel, Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas,  Anne Phillips, Rafael Argullol ou Donatella della Porta.



Código QR para a descarga