consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Papés d’emprenta condenada (v. II) Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea


No mes de setembro do ano 2008 publicouse o libro titulado Papés d’emprentacondenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I) (Santiago de Compostela, Conselloda Cultura Galega), que era o resultado dun traballo colectivo iniciado anosatrás co obxectivo de reunir a produción escrita en lingua galega durante as primeirasdécadas do século XIX que se deu conservado ata hoxe e que á altura de 2008 se coñecía. Desde os inicios da dita investigación pensouse que o volumen que se recollesen todos estes textos rexistrados e editados debería acompañarsedoutro máis en que se analizase aquela actividade xornalística e literaria desde oscampos científicos da historia, das ciencias da comunicación e da filoloxía. Queríase,deste xeito, ofrecer á sociedade galega un produto nacido da colaboracióninterdisciplinaria que presentase datos e conclusións de interese a propósito dahistoria política, social, cultural, literaria, xornalística e lingüística da Galicia dasprimeiras décadas do século XIX.

Código QR para a descarga
Papés d’emprenta condenada II : lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea / Ramón Mariño Paz, editor. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2012. — 570 p. ; map. ; 24 cm. — (Ensaio & Investigación) DL. C 727-2012. — ISBN 978-84-92923-29-8 (v. II). - ISBN 978-84-96530-69-0 (obra completa) 1. Prensa-Galicia-S.XIX. 2. Lingua galega-Historia. I. Mariño Paz, Ramón. II. Consello da Cultura Galega. III. Instituto da Lingua Galega.