consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A constitución de 1812 en lingua galega. Estudos, textos e bibliografía


Edición conmemorativa da Constitución de Cádiz de 1812, complementada con artigos de Roberto Blanco Valdés e Ramón Máiz sobre o texto e o seu contexto político. O libro contén edicións facsimilares e versións en galego da constitución e do discurso preliminar lido nas Cortes pola comisión que a redactou.

Lourdes Pérez, bibliotecaria da Universidade de Santiago de Compostela, engadiu un inventario das fontes bibliográficas e hemerográficas existentes en Galicia sobre a Constitución de 1812.

A edición foi feita polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública, que traduciu o texto lexislativo ao galego.


Código QR para a descarga