consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinar Actas das Xornadas celebradas os días 11, 12 e 13 de abril de 2002 en Santiago de Compostela


Esta publicación recolle as actas das xornadas que baixo o mesmo título se celebraron en Santiago de Compostela en abril de 2002. A obra aborda a relación entre as ciencias de carácter histórico (como a arqueoloxía ou a lingüística) e a xenética para explicar a evolución dos pobos e as súas características actuais.

As Xornadas sobre Xenética e Historia no Noroeste Peninsular, organizadas polo Consello da Cultura Galega, foron unha ocasión axeitada para un diálogo necesario e tamén fecundo das dúas disciplinas, subliñando a inescusable relación multidisciplinar como camiño axeitado para realizar seriamente calquera análise ou investigación. Só cunha ampla intercomunicación de
saberes das diversas disciplinas poderán acadarse resultados satisfactorios para a ciencia e a cultura.
A xenética e a historia, ademais de aproveitarse reciprocamente dos seus respectivos coñecementos, teñen que enriquecerse coas perspectivas doutras varias disciplinas, desde a arqueoloxía ata a lingüística. Unicamente desta forma, con esta metodoloxía, será posible achegarse á esencialidade dos pobos a través dos tempos.
A publicación dos relatorios destas Xornadas amosa a preocupación do Consello da Cultura Galega por profundar, desde a nosa singularidade, nos espazos do coñecemento actuais e decisivos para a cultura.
Desexo agradecerlles a colaboración a todos os relatores destas Xornadas, especialmente aos coordinadores, Anxo Carracedo e Gerardo Pereira-Menaut, polos seus magníficos traballos.
Alfonso Zulueta de Haz.



Código QR para a descarga
XORNADAS XENÉTICA E HISTORIA NO NOROESTE PENINSULAR [2002. Santiago de Compostela]
Xenética e historia no noroeste peninsular : unha perspectiva interdisciplinar : (actas das
xornadas celebradas os días 11, 12 e 13 de abril de 2002 en Santiago de Compostela) /
coordinadores, Anxo Carracedo, Gerardo Pereira. – Santiago de Compostela : Consello
da Cultura Galega, Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2005. – 236 p. ; 24 cm :
il. – (Colección Base)
D.L. C-2981-2005. – ISBN 84-96530-04-3
Xenética da conduta-Congresos e asembleas.
I. Carracedo Álvarez, Anxo. II. Pereira Menaut,
Gerardo. III. Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade. IV.
Título