consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A(s) lingua(s) a debate Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega


As actitudes lingüísticas son as opinións, ideas e prexuízos que teñen os falantes con respectoa unha lingua. Tradicionalmente, en Galcia considerábase que o galego era unha lingua que non servía para certas cousas ou que era unha lingua que non se lles debía aprender aos cativos. Cos anos, as actitudes foron mudando e cada vez é máis difícil atopar manifestacións abertamente hostís cara o galego. O presente traballo pretende elaborar unha descrición e análise actualizada das actitudes lingüísticas dos galegos a partir dunha enquisa que se centra nos aspectos máis relevantes das opinións que os galegos teñen sobre a súa lingua, así como ofrecer algunhas pistas que completen unha análise actualizada e exhaustiva da situación sociolingüística de Galicia.

Código QR para a descarga
[A imaxe corresponde á 1ª edición. O PDF corresponde á 2ª edición revisada e ampliada]