consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Ruada das papas e do unto


E velaí esta obra festiva, a Ruada das papas e o unto, apenas representada, aínda que foi polo seu autor «cabilada para facer na rúa con mómaros e con actores, con música e con cantigas». Porque o teatro para Vidal Bolaño «só é tal cando é un feito compartido". Actores e xente xuntos. É a color, e as imaxes, e a palabra e o bruído. Todos arredor dun mesmo anaco de vida».

A vida que lle faltou a este polifacético home de teatro, que tivo que partir prematuramente camiño do alén. No aquén deixounos o seu legado de home comprometido coa palabra, coa liberdade, coa cultura, co teatro. Co teatro galego e con Galicia.

Un home co visible fardel dos bos e xenerosos. Un señor maior con sombreiro e bigote, que por sorte foi quen de actuar sempre, no escenario e no gran teatro do mundo galaico, dun xeito irresponsablemente responsable. Para honra e gloria das letras e do teatro galego.

E como é de costume, presentamos esta edición singular e penso que elegante dunha obra do dramaturgo, precedida de atinados estudos da autoría de dous expertos como Camilo Franco e Inma López Silva. Agradézolles a eles e á familia do autor a axuda que lle prestaron ao Consello da Cultura Galega para dar a lume esta Ruada.


Código QR para a descarga