consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A lingua galega, historia e actualidade (vol I). Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela


Primeiro volume das actas do Congreso Internacional ‘A Lingua Galega: Historia e Actualidade’, organizado polo Instituto da Lingua Galega do 16 ao 20 de setembro de 1996 para conmemorar o 25 aniversario da súa creación. As actas foron editadas por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina.

Os volumes que presentamos acollen as actas do Congreso Internacional ‘A Lingua Galega: Historia e Actualidade’, organizado polo Instituto da Lingua Galega para conmemorar o 25 aniversario da súa creación. Sen dúbida, tratouse da máis ampla e representativa asemblea científica axuntada arredor do noso idioma ata a data. Un acontecemento de gran transcendencia, que no porvir será considerado como un sinal certo da madureza e do alto nivel atinxido polos estudos de Lingüística e Filoloxía galegas, en abrollo hai trinta anos e esplendidamente florecidos en diversas pólas durante as últimas décadas.


Código QR para a descarga
Congreso Internacional A Lingua Galega: historia e actualidade (1º. 1996. Santiago de Compostela) A Lingua Galega: historia e actualidade : actas do I Congreso Internacional, Santiago de Compostela, 16-20 de setembro de 1996 / [organizado polo] Instituto da Lingua Galega ; Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina (editores). - Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega , 2004. - 4 v. : 24 cm DL VG-681-2004. – ISBN 84-95415-80-1 (V. I). - ISBN 84-95415-81-X (O. C.) 1. Lingua galega-Congresos e asembleas. I. Álvarez Blanco, Rosario, ed. lit. II. Fernández Rei, Francisco, ed. lit. III. Santamarina, Antón, ed. lit. IV. Instituto da Lingua Galega. V. Consello da Cultura Galega