consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Manuel Quiroga Losada: o gran violinista galego do século XX


Manuel Quiroga Losada (1892-1961), unha das figuras fundamentais do violinismo do primeiro terzo do século XX, verá truncada a súa carreira internacional por mor dun accidente ocorrido o oito de xuño de 1937 en nova York. Artista polifacértico, sobresairá, así mesmo, nos campos da composición e da artes plásticas.

Este estudo ten como obxecto contribuir á recuperación e recoñecemento do gran artista, especialmente a súa faceta de compositor, devolvéndoo ao lugar que, por dereito propio, lle corresponde dentro do panorama da música. Para iso realizouse un traballo de ordenación do Catálogo das súas composicións, que permite acceder con facilidade ás fontes manuscritas e editadas, así como os seus incipits musicais.


Código QR para a descarga
Cambeiro, Carlos Manuel Quiroga Losada : o gran violinista galego do século XX / Carlos Cambeiro. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2011. — 328 p. : fot. ; 24 cm. — (Autores & Textos) D.L. PO 692-2011. — ISBN 978-84-92923-30-4 1. Quiroga Losada, Manuel-Vida e obra. I. Título