consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos


O presente informe, centrado, como sinala o seu título, na Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos, foi elaborado por encargo da comisión técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega, dentro das actividades deste Centro. A elaboración do Informe correu a cargo de Concepción Cochón Rodríguez, Valentín García Gómez e Nel Vidal Barral, tres persoas que teñen unha longa e intensa traxectoria de traballo en normalización lingüística no ámbito municipal, membros activos da devandita comisión técnica.

Os restantes membros da comisión técnica do CDSG (Manuel Bermúdez Blanco, Agustín Fernández Paz, Susana Mayo Redondo, Xoán Rivas Cid, Goretti Sanmartín Rei e Henrique Monteagudo) colaboraron na xestación, discusión e revisión final do texto. A importancia do ámbito municipal para as accións de promoción do idioma é difícil de esaxerar. As administracións municipais son as máis próximas á cidadanía, as que teñen maior incidencia na vida local e aquelas coas que os veciños e veciñas teñen un trato máis asiduo.

O traballo que presentamos é unha mostra acabada do impecable rigor técnico con que o devandito colectivo e cada un dos seus membros afrontan as tarefas que eles mesmos marcan, un rigor que apenas consegue disimular a paixón polo idioma que latexa por detrás da súa enteira traxectoria de servizo público.


Código QR para a descarga
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos / Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2012. — 96 p. ; 28 cm. — (Documentos e informes ; 21) D.L. 368-2012. — ISBN 978-84-92923-32-8 1. Política lingüística-Galicia. 2. Lingua galega-Normalización. 3. Administración local-Galicia