consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas


En todos estes anos, foron moitas as organizacións, entidades, asociacións e organismos que presentaron propostas orientadas á mellora do campo das artes escénicas. Nun momento en que se deixa sentir unha fonda preocupación arredor do futuro dun sector que noutros países do noso contorno xeográfico e cultural se considera
estratéxico, e que goza de medidas específicas de promoción e fomento, polo valor engadido e os retornos de todo tipo que ofrece á sociedade que o sustenta, resulta oportuno que desde o Consello da Cultura Galega, seguindo a pauta establecida na súa Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, se propoñan liñas
posibles de actuación que se poidan ter en conta á hora de que as administracións públicas tomen iniciativas que garantan o pleno desenvolvemento de manifestacións e prácticas artísticas que, çis da profesional, tamén teñen unha importante dimensión comunitaria e escolar. A Sección de Música e Artes Escénicas presenta, así, un documento para que as administracións públicas, as institucións e os axentes das artes escénicas de Galicia poidan establecer marcos de encontro e deliberación nos que deseñar plans stratéxicos para as ditas artes, que permitan o seu pleno desenvolvemento e unha converxencia real con Europa.


Código QR para a descarga