consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Cantares para Rosalía. Nove poetas galegas dialogan cos seus versos


O 21 de marzo de 2013 o Consello da Cultura Galega celebrou un recital moi singular. 150 anos despois da edición de Cantares Gallegos, nove poetas galegas "cantaron e homenaxearon" a Rosalía de Castro, "nun íntimo e persoal diálogo cos seus versos aurorais".

O libro Cantares para Rosalía. Nove poetas galegas dialogan cos seus versos contén o recital en audio e a transcrición deste. As nove poetas participantes foron Lupe Gómez Arto, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias Rego, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Lorensa Souto e Ana Romaní.


Código QR para a descarga