consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Rosendo Salvado. Obras para piano


Fíxate, benquerido lector, en calquera das tres obras que tes diante: o Gran walz fantástico, a Fantasía, variaciones y final e o Pequeño entretenimiento con aire de marcha.

Nelas irás atopando trazos dun boísimo pianismo do século XIX, escrito por un sabio compositor, dotado de elevados coñecementos e alta sensibilidade, que traduce en pentagramas os sentires do tempo seu. Un exemplo da máxima modernidade que existía cando as obras foron compostas por un músico que preferiu doar todo o que bulía nas ilusións súas soamente ao ensino e ao coidado dos que nada tiñan. Loemos por todo iso a frei Rosendo Salvado, músico.


Código QR para a descarga