consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A Muller na Cultura Galega (I)


O obxectivo do seguinte informe é presentar datos estatísticos relacionados coa situación actual das mulleres en Galicia no referente ás súas relacións coa cultura a partir dalgúns indicadores relacionados coa formación, co consumo cultural e coa participación no eido cultural. Deste xeito, repásase dende os seus usos das TIC no ámbito da cultura, a súa presenza no emprego cultural e as súas preferencias no tempo de ocio ou nos seus hábitos culturais, entre outros. A análise realizada permitiu detectar diferenzas entre homes e mulleres nos ámbitos investigados. A razón pola que non se estudaron outros ámbitos é a escaseza de indicadores de xénero nas estatísticas culturais, un feito que cómpre poñer de manifesto para palialo na medida do posible en vindeiras operacións estatísticas.

Código QR para a descarga