consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

As empresas culturais en Galicia


Este informe ofrece datos sobre as empresas do ámbito cultural. En primeiro lugar, descríbese a información dispoñible relativa ao número de empresas situadas en Galicia cuxa actividade económica principal pertence ao ámbito cultural, delimitándose este segundo a actividade económica que desenvolve, e en comparativa con outras comunidades autónomas. Tamén se ofrecen datos do Directorio Central de Empresas do Instituto Nacional de Estadística (INE) e da Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil que realiza o Instituto Galego de Estatística (IGE). En segundo lugar, para aquelas actividades nas que foi posible, achegáronse determinados agregados económicos tales como volume de negocio, valor da produción, valor engadido bruto a prezos de mercado, remuneración dos asalariados, consumos intermedios e excedentes de explotación a partir das Contas Económicas de Galicia do IGE.

Código QR para a descarga