consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Publicidade e lingua galega


Os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais

PRESENTACIÓN

A Ponencia de Lingua do Consello da Cultura presenta un novo estudio, o referido a Publicidade: 0s consumidores ante o uso do galego na comunicacion publicitaria e nas relacions comerciais.

Nos ultimos 20 anos a situacion social do galego viuse modificada dunha maneira substancial. A aparicion dun novo contexto politico favoreceu a posibilidadede que a lingua galega comezase a introducirse en espacios e ambientes dos que ata daquela estivera ausente, fundamentalmente en ambitos como a Administracion, o ensino e os medios de comunicacion. No mundo socioeconomico, sen embargo, esta introduccion non foi tan apreciable coma nos anteriores, fundamentalmente no que a comunicacion externa se refire (publicidade, relacions cos clientes, etc.).

Compre, logo, que saibamos cal e o punto de partida para as actuacions destinadas ó sector socioeconomico, porque a implantacion do galego no mesmo debe facerse desde o punto de vista mais racional e que, lonxe de prexudicar, beneficie ou, en todo caso, non afecte ó mantemento e expansion economica do sector. Neste punto, debemos salienta-las experiencias pioneiras levadas a cabo por un grupo de empresas de moi distinto volume de facturacion e pertencentes a sectores diversos, que nun determinado momento optan pola galeguizacion total ou parcial da sua comunicacion (rotulos, etiquetaxe, publicidade e medios, facturacion, carteleria, etc.).

Con este traballo preténdese coñecer, con rigorosidade e obxectividade, as posibilidades de exito dunha incorporacion efectiva da lingua galega ó mundo: da publicidade e asemade as relacions comerciais e mercantis; en que medida esta lingua desprestixia un producto que nela se vehicula ou se, pola contra, pode potencia-las vendas. Visto o importante nivel de coñecemento e uso do galego existente, en comparanza con outras linguas non estatais de Europa, que cada vez son menos excepcionais as iniciativas de uso da lingua galega no ambito da empresa, e que na poboacion galega parece existir unha grande receptividade cara a medidas tendentes a galeguizacion da sociedade, e tempo de analizar e reflexionar, con datos reais e obxectivos, sobre a pertinencia de incorporar nas iniciativas e actividades colectivas relacionadas co mundo dos negocios e da empresa a lingua que forma parte do substrato cognitivo da maioria dos individuos galegos.

Xosé Filgueira Valverde
Presidente do Consello


Código QR para a descarga
Ramallo, Fernando F.
Publicidade e lingua galega : os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais = Publicidad y lengua gallega : los consumidores ante el uso del gallego en la comunicación publicitaria y en las relaciones comerciales / Fernando F. Ramallo, Gabriel Rei Doval. — [Santiago de Compostela] : Consello da Cultura Galega, Ponencia de Lingua, [1995]. — 81, [9] p. : il. ; 23 x 23 cm
DL: C 1880-1995
ISBN: 84-87172-06-7