consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Cultura e novas tecnoloxías


O seguinte informe analiza dous aspectos fundamentais relacionados coa denominada sociedade da información e tamén coa irrupción de Internet na sociedade actual.

Por unha banda, e tendo como referente a Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de Información y Comunicación en los Hogares elaborada anualmente polo Instituto Nacional de Estadística, analízase a implicación dos fogares galegos nas novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como a evolución e desenvolvemento destas dende a súa introdución na vida cotiá dos galegos. O estudo pretende coñecer, sobre todo, o uso dos productos TIC, dende a televisión, telefonía, equipamentos informáticos, ata os hábitos máis frecuentes do uso de internet e do comercio electrónico entre outros, amosando nalgúns casos unha análise comparativa co resto do Estado.

Por outra, e a través da enquisa realizada pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), afóndase nas novas relacións xurdidas entre os internautas galegos e a rede. Precisamente a irrupción de internet na sociedade actual supuxo o derrube de moitas fronteiras e abre infinitas posibilidades cara ao futuro. A creación ou acceso aos blogs, o uso das redes sociais ou as páxinas web máis visitadas, entre outros aspectos, son algunhas das cuestións consideradas nesta parte do estudo, procedendo nalgúns casos a comparativas co comportamento doutros usuarios de internet do resto das comunidades autónomas ou do total de España.


Código QR para a descarga