consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Televisión e radio en Galicia


Nos últimos anos os xeitos de consumo dos medios de comunicación están a experimentar unha muda significativa, sobre todo polo aumento do uso de internet de forma cotiá. O impacto da rede é diferente no tipo de medio do que se trate. Ademais, as diferenzas demográficas ou socioeconómicas da estrutura poboacional galega tamén inflúen no uso da radio ou a televisión ao igual que variables como a idade, por exemplo.

A televisión experimentou unha evolución considerable nos últimos anos debido aos avances tecnolóxicos coa introdución da TDT, as canles temáticas, a introdución de 3D ou a televisión por internet, por poñer algún exemplo, que fai que o consumo televisivo se manteña ou mesmo se incremente.
O cesamento da televisión analóxica en 2010 produciu un xiro importante na oferta televisiva. En Galicia o proceso de transición da televisión analóxica á televisión dixital levouse a cabo en 2010.

Ao igual que sucede coa televisión, a oferta de radio tamén se ven incrementando nos últimos vinte anos, sobre todo a partir do ano 2000 no que aumentaron considerablemente o número de estacións de radio por internet. Na actualidade a porcentaxe de oíntes de radio en Galicia acada un 61,38%.


Código QR para a descarga