consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Informe Proxecto de adecuación do leito e ordenación das marxes dos Ríos Sarria e Celeiro no Termo Municipal de Sarria (1ª fase)


A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na sesión realizada o 20 de maio de 2014, acordou remitirlles aos coordinadores da Sección de Patrimonio e Bens Culturais e da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade o escrito enviado pola Plataforma Sarriana polo Río, que tivo entrada no Rexistro do CCG con data 14 de maio de 2014, con relación ás obras de adecuación do leito e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no termo municipal de Sarria.

Recibido o informe dos coordinadores da Sección de Patrimonio e Bens Culturais e de Ciencia, Natureza e Sociedade, a Comisión Executiva do CCG, na sesión do 24 de setembro de 2014, acordou remitir o dito informe ás diferentes institucións e entidades relacionadas co Proxecto de adecuación do leito e ordenación das marxes dos ríos Sarria
e Celeiro en Sarria.


Código QR para a descarga