consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Cine en Galicia


A industria cinematográfica tanto na comunidade galega como no conxunto do Estado está a pasar por momentos difíciles. Hai que buscar as causas desto entre as profundas transformacións ás que se viron sometidos os distintos axentes do audiovisual por mor do avance das novas tecnoloxías, a reconversión do modelo tradicional que mudou a elección e o consumo dos espectadores de cine, a copia e difusión ilegal de contidos e máis recentemente, as políticas fiscais que sitúan a España na quinta posición dos países europeos cun IVE máis alto para esta manifestación cultural.

Neste informe analízanse os indicadores máis significativos da actividade cinematográfica en Galicia como a produción, exhibición, distribución, infraestrutura, recadación ou difusión, entre outros. A fonte de información utilizada para a meirande parte destes datos é a Estatística de Cinematografía desenvolvida pola Subdirección Xeral de Fomento da Industria Cinematográfica e Audiovisual, do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Esta estatística, que pertence ao Plan Estatístico Nacional, é de carácter continuo, cun período de referencia dun ano natural. O seu obxectivo fundamental céntrase na obtención de información sobre


Código QR para a descarga